Total de visualizações de página

terça-feira, 18 de novembro de 2008

Morreu Warren Wooster


Fai anos coñecín a Warren Wooster cando estivo aqui en Vigo, traballando cuns colegas do meu traballo. Lembro a súa sorpresa ás 11 da mañá ao ver que alguén comía polbo ou luras, xa que no seu país non comen tentáculos, e menos a esa hora. Pero era home de mentalidade aberta e non duvidou un instante en probalos. Durante a súa estancia aqui, probabelmente bateu o record de consumo deses produtos.

Esta é a descrición do seu traballo, escrita por el mesmo:
"Eu estiven durante moito tempo involucrado no estudo da función das institucións internacionais que promovan os estudos científicos dos océanos e a aplicación das súas conclusións á utilización racional dos recursos mariños vivos. Estas institucións son ou ben intergobernamentais ou ben non gobernamentais, e mundiais ou rexionais. A miña experiencia foi con organizacións en todas estas categorías, incluída a Comisión Oceanográfica Intergobernamental da Unesco, o Comité Científico de Investigacións Oceánicas, o Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM), e máis recentemente a Organización de Ciencias Mariñas do Pacífico norte(PICES ).

Aínda que estas organizacións ocúpanse da xeración de información científica relevante para a xestión da pesca, non teñen responsabilidades de xestión. Un dilema foi o de reducir a brecha entre o estudo académico das características do océano e as poboacións e os aspectos prácticos e os problemas políticos da determinación e establecemento das taxas de captura permisible. Cruzar esta ponte é agora máis importante que nunca co recoñecemento da necesidade da xestión dos ecosistemas e a crecente toma de conciencia da influencia das variacións do medio ambiente sobre a abundancia e distribución das poboacións de peixes.

Patricio A. Bernal, Secretario Executivo da COI dixo del recentemente:
O pasado luns, 27 de outubro, eu estaba en Dalian participando na cerimonia do premio Warren Wooster 2008, concedido este ano ao profesor Charlie Miller da Universidade Estatal de Oregon. Warren enviou unha mensaxe escrita que foi lida polo Presidente da PICES. Escoitándoa, Alex Bychkov, Secretario Executivo da PICES, sentiu un mal presaxio cando comentou que Warren só enviara unha breve mensaxe escrita en lugar dun vídeo ou unha mensaxe de son como se lle solicitou... "se non se sente con ánimo para iso, debe estar moi baixo". Como mostraron os acontecementos que sucederon, el tiña razón. Esta é unha gran perda para a cooperación internacional en oceanografía e ciencias do mar en xeral. Sen dúbida, botaremos en falta a calidez e personalidade xovial de Warren e o seu sentido do humor rápido e forte.

Descanse en paz.

Um comentário:

  1. Manuel
    Realmente é uma grande perda a nível internacional. Vai-se o Homem e fica a obra.
    Um beijito
    Estela

    ResponderExcluir