Total de visualizações de página

segunda-feira, 29 de maio de 2006

Henrique Otero, o gaiteiro de Fragoso


Ainda este domingo pasado, xuntouse de novo Henrique Otero cos gaiteiros no Catro Camiños, en Gondomar. Os gaiteiros en bañador ou calza corta, Henrique Otero tamén, Manolo regando a rua... ¿Chegaríamos os 40ºC? Non sei, mas facia calor dabondo. Algúns gaiteiros estaban sen dormir, viñan da festa de Vilaza. Son de ferro. Por certo, antes de que me esqueza, direivos que non son o único que agradece a presencia dos gaiteiros na concentración do outro dia de Salvemos Monteferro.


Non estaba Plácido, o pulpeiro do Carballiño, e o "polvo a feira"  foi servido por unha moza, imaxino que da sua familia. E para quen non sabe, e bo decir que o "polvo a feira" e todos os domingos, e a "gaiteirada" o último domingo de cada mes


E foi por acaso que o dia seguinte encontrei esto no Consello da Cultura Galega:


Fonte: CCG


Henrique Otero "O gaiteiro do Fragoso"


ten xa setenta anos e moita gaita ás súas costas. Cincuenta e seis anos de profesión consolidaron o seu nome coma un dos principais mestres de gaita da segunda metade do século XX en Galicia.

Nacido en 1930 no barrio de Lavadores de Vigo, acadou facer unha síntese entre a aprendizaxe tradicional da gaita e os métodos clásicos. Membro fundador do grupo "Os Cruceiros", de grande popularidade na Galicia dos anos sesenta, converteuse a partir de 1971 en mestre gaita no Conservatorio de Vigo.

Profesor e compositor
Seu é o mérito de que se validase o estudio de gaita galega polo Ministerio de Educación, e foi o primeiro gaiteiro que publicou un método para aprender gaita. Polas súas aulas pasaron algúns dos máis destacados gaiteiros da actualidade, coma o coñecido Carlos Núñez.

Como compositor realizou máis de duascentas obras nas que mestura a tradición máis fonda coa busca de novas posibilidades para o instrumento. Grupos coma Treixadura e Noitarenga teñen incluídas algunhas das súas pezas nos seus repertorios.

Disco
Logo da recente concesión da medalla Constantino Bellón en homenaxe á súa carreira, publícase agora "Henrique Otero. O Gaiteiro do Fragoso" (
Boa Music , 2001). Un disco no que se recollen quince das súas composicións orixinais.


Mais en CCG

Nenhum comentário:

Postar um comentário