Total de visualizações de página

terça-feira, 9 de maio de 2006

Marcha ciclista Vigo - Nigrán en apoio a Salvemos Monteferro


Este sábado dia 13, as 10:30 da mañán, os madrugadores eco-ciclistas están convocados por diveras organizacións e clubes na Praza da Independencia, en Vigo. Algúns ciclistas  sairán mais cedo de Nigrán, para sumarse a esta convocatória, facendo a viaxe de "ida e volta". Dase o caso de que moitos deles costuman andar cas suas bicis de montaña por Monteferro, polo que son especialmente sensibeis a desfeita que se quere facer no monte.


A asociación ecoloxista Verdegaia e unha das impulsoras desta iniciativa, que encaixa na sua reivindicación do papel da bicicleta nas políticas de transporte.  Verdegaia quere amosar á sociedade que existe outra forma de moverse, de viaxar, de coñecer, máis relaxada, ecolóxica e gratificante empregando un modo de transporte totalmente ecolóxico e eficiente, a bicicleta, combinado co transporte público colectivo. A abafante presenza do automóbil privado está a xerar graves problemas ambientais, sociais e sanitarios. O transporte tense convertido nunha das causas principais da crise ecolóxica actual, responsábel do 54% do total do consumo de produtos petrolíferos e emitindo arredor do 20% do dióxido de carbono de toda Galiza e o 35 % do óxido nitroso. Un automóbil moderno emite 1 tonelada de dióxido de carbono cada 100 km, ademais doutros contaminantes, contribuíndo de xeito moi importante ao cambio climático e á degradación da calidade de vida nas cidades.


Outro motivo para que os ciclo-ecoloxistas participen nesta marcha, é que a sua meta é a Concentración que Salvemos Monteferro convocou na praza do Concello de Nigrán, no que se fará a entrega das perto de dez mil firmas recollidas. haberá gaiteiros, grupos de percusión, pandereteiras,  malabares e moitas cousas mais, segun a convocatoria.


 

Nenhum comentário:

Postar um comentário