Total de visualizações de página

quarta-feira, 22 de março de 2006

Festa da Arribada: Acción indixena en Baiona contra o xenocidio do "descubrimento"


Hai pouco tempo celebrouse a Festa da Arribada en Baiona, e con tal motivo coloquei un album de fotos de cando estivemos naquela festa berrando Nunca Mais!!!! Temonos divertido moito estes anos, mas a Arribada ten outro xeito de ser entendida, mais reivindicativo que festivo, que vos vou a relatar a seguir:


As cinco da tarde do sabado 4 de marzo, unha vintena de indixenas encadeadas e vixiadas por dous soldados do imperio conquistador de America e por un bispo moi preocupado pola salvación das suas almas pero pouco polo seu benestar terrenal, fixeron a travesia a pe desde Sabaris ate Baiona (onde se celebraba a Arribada da carabela “Pinta” a este porto fai cinco seculos.

Unha vez chegadas a Baiona, a comitiva percorreu as ateigadas ruas sorteando a “nobreza local” e os postos de comida e artesania, para unha vez na praza do Concello, proceder a venda das indixenas como escravas entre as persoas asistentes.

Tras un novo percorrido pola ruas do casco historico de Baiona, voltaron a debandita praza do Concello para ler o comunicado do acto, que xunto co resto das fotos, o atoparedes en 
Galiza Indymedia

Nenhum comentário:

Postar um comentário