Total de visualizações de página

quarta-feira, 22 de agosto de 2007

O arcebispado de Valencia provoca a indignación das vítimas da dictadura franquista


O proxecto do Arcebispado de València de erixir un macrosantuario en memoria de 233 «vítimas inocentes da Santa Cruzada» provocou a indignación das vítimas do franquismo e as súas familias, que denuncian, ademais, a colaboración do PP, que doou á Igrexa 4.000 metros cadrados de terreo nunha das zona máis caras da cidade.

València foi a capital da II República española nos últimos tempos da Guerra Civil e a última cidade que caeu en poder as tropas fascistas, polo que acollía a numerosos refuxiados que fuxiran do avance das tropas de Francisco Franco noutras zonas.

Por iso, a represión que levaron a cabo foi atroz. O Fòrum per a Memòria do País Valencià ten catalogadas, con nomes e apelidos, 26.300 persoas que foron enterradas nas fosas comúns do cemiterio. moitas delas arroxadas alí sen un cadaleito. «Por iso, o que queren facer parécenos unha afronta», explica a GARA Amparo Salvador, integrante do Fòrum per a Memòria.

Quen están enterrados nas fosas comúns de València morreron entre o 1 de abril de 1939 e o 31 de decembro de 1945. É dicir, faleceron como consecuencia da represión tras a vitoria fascista. Algúns deles son de orixe vasca. «A València pasoulle o mesmo que a Alacant, que se converteron nunha rateira da que ninguén puido fuxir. Despois, nunca máis se soubo que paso con toda esa xente, que eran miles e miles de persoas. Agora, polo menos, sabemos onde está unha parte», sinala.

O Fòrum per a Memòria denuncia que non se pode considerar `inocentes' a membros dunha organización como a Igrexa católica, que se aliou con Hitler e Mussolini para executar un golpe de estado criminal contra o Goberno lexítimo da II República».

Amparo Salvador denuncia que en todo este proxecto o Arcebispado, ademais, viuse beneficiado economicamente, posto que conseguiu unha permuta do Concello, coa que se fixo cunha decena de solares en València e un terreo lindeiro ao complexo da Ciutat de lles Arts i de lles Ciències. «O do Arcebispado é un proxecto tan faraónico como o da Ciutat de lles Ciències. Só os terreos valen unha traca de millóns», destaca Amparo Salvador.

«Para nós, é un insulto directo á memoria das vítimas do franquismo. A Igrexa católica estivo totalmente implicada na represión. Ao acabar a guerra, València enteira converteuse nunha inmensa prisión. Todos os conventos eran cárceres. E todos os cárceres estiveron rexidas por ordes relixiosas. Temos 26.300 persoas rexistradas con nome, apelidos, lugar de procedencia e causa da morte que morreron por esa represión. E esa si que era xente inocente», explica Salvador.

«Eu díxenllo claramente ao arcebispo (Agustín García-Gasco). Que se quería facer unha basílica en honra de xente inocente, da noite para a mañá era capaz de darlle unha lista de 500 nenos, de cero a dez anos. Pero que se me daba un par de días, podía darlle unha lista de varios miles», recorda a integrante do Fòrum per a Memòria.

Ler o artigo completo en "Rebelión"



Um comentário:

  1. Incredible ,nustro mundo ,politica e sociedad aninda son muy arcaicos....
    Gracias por la informacion bjs

    ResponderExcluir