Total de visualizações de página

quarta-feira, 4 de julho de 2007

As Illas Cies e o Parque Natural das Illas Atlánticas

Rating:★★★★★
Category:Movies
Genre: Documentary



O arquipélago

Este arquipélago está formado por tres illas, a de Monteagudo ou Illa Norte, a Do Faro ou Illa do Medio e a de San Martiño ou Illa Sur.

A illa de Monteagudo está separada da costa de cabo Home, na península do Morrazo, pola canle Norte, e a illa de San Martiño está separada da costa de cabo Santoulo (monte Ferro) por un estreito coñecido como Freu dá Porta. Mentres, a illa do Faro acabou unida á illa Norte por unha acumulación de area na parte interior do arquipélago, na cara leste das illas, que forma a praia de Rodas, de 1.200 metros. Ao subir a marea, a auga pasa entre as dúas illas pola cara oeste e, taponada pola praia, énchese a lagoa formada entre o areal e as rocas. O pico máis alto atópase na zona norte da illa de Monteagudo, no Alto dás Cíes, de 197 metros de altitude e ten unha superficie emerxida de 434 hectáreas.

A súa formación xeolóxica é de finais do Terciario, cando se produciron os afundimentos dalgunhas partes da costa, co que penetrou o mar e creáronse as rías. Todas as illas atlánticas son os cumes das serras costeiras que quedaron parcialmente baixo o mar e están formadas case na súa totalidade por pedra granítica.

As tres illas son montañosas cunha cara oeste abrupta, con cantís case verticais de máis de 100 metros e numerosas covas (furnas) formadas pola erosión do mar e o vento. A cara leste ten ladeiras algo máis suaves cubertas por bosques e matogueira e atópase protexida dos ventos atlánticos, o que permite a formación de praias e dunas.

As borrascas atlánticas pasan sobre as illas, descargando ao chocar coa costa, polo que as Cíes reciben máis ou menos a metade de choiva que o resto da costa das Rías Baixas.


Historia

Na antigüidade foron chamadas Siccae (áridas). Atopáronse nas Cíes restos arqueolóxicos que datan a presenza humana sobre o 3500 adC, aínda que os restos do primeiro asentamento humano de que se ten constancia son un castro de comezos da Idade de Ferro.

Por alí pasaron os romanos, deixando restos como un anel de ouro datado no século II de nosa era, así como ánforas, cerámica e diversos útiles que se expoñen hoxe no Museo de Pontevedra.

Na Idade Media foron habitadas por monxes de diversas ordes. No século XI estiveron alí os benedictinos, que as abandonaron e volveron a finais do século XIII. No século XIV asentáronse alí os franciscanos. Tamén pasou por aí a Orde de Cluny. Desta alternativa ocupación das illas quedan como proba os mosteiros de San Estevo na Illa do Faro e de San Martiño na illa do seu nome, así como unha fábrica de salgadura sobre cuxos restos actualmente hai construído un restaurante. As idas e vindas dos monxes eran debidas a que, pola súa proximidade á cidade de Vigo, o arquipélago era frecuentemente atacado e usado como base de operacións por piratas turcos e normandos, así como armadas invasoras, por exemplo a inglesa, comandada por Francis Drake. Esta situación dura ata o século XVIII, o que acaba producindo o seu despoboamento.

A mediados do século XIX constrúese o primeiro faro na Illa do Medio, que acaba chamándose Illa do Faro. Nesa data as illas xa volvían estar poboadas por algunhas familias que se dedicaban á pesca e á gandería ovina e caprina.

Nos anos 60 do século XX as illas se despoboan de novo, esta vez definitivamente. Nos 70 e 80 comezan a ser utilizadas como destino de descanso ao que, sobre todo a xente nova da zona, acudía en busca de natureza, mar, sol e liberdade, lonxe da vixilancia social e familiar. Entón en toda Galicia practicábase a acampada libre.

As agresións ambientais, como a importante actividade industrial na ría, os emisarios submarinos evacuando augas con escasa ou nula depuración... fan que as illas sufran unha rápida degradación.


O Parque Natural

Debido ao alto valor natural deste espazo e á rápida deterioración que estaba sufrindo por causa das actividades humanas, no ano 1980 son declaradas parque natural. A situación legal de protección vai variando ao longo dos anos ata que o 21 de novembro de 2000, o Parlamento Galego acorda por unanimidade pedir ao goberno central a declaración do arquipélago como parque nacional. O Congreso dos Deputados tomou o acordo definitivo en xuño de 2002, creando o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, formado por un conxunto de arquipélagos, illas e illotes que son as Cíes, Ons, Sálvora, Noro, Vionta, Cortegada e Malveiras.

O parque ten unha parte terrestre e outra marítima que comprende unha franxa de 100 metros, medidos a partir da baixamar. Nas Cíes está prohibida a pesca submarina desde 1992.

Desde 1988 as illas teñen ademais a consideración de ZEPA (Zona de Especial Protección para as Aves). Tamén se atopan incluídas, no ámbito europeo, na Rede Natura 2000, que desenvolve directivas comunitarias de hábitats e aves.

Actualmente só están ocupadas polos servizos do parque, cámping e restaurante e o acceso está restrinxido a un máximo de 2.200 persoas diarias.
Fonte: Wikipedia
Foto: Wikimedia Commons

7 comentários:

  1. gracias para odo eso pero no entiendo nada a su idioma. Puedes hablar en castellamn, por favor ?

    Isabelle

    ResponderExcluir
  2. gracias para eso pero ne entiendo nada a su idioma. Puedes hablar en castellano, por favor.

    ResponderExcluir
  3. De nada. La misma información, mas completa, en castellano, se puede ver aqui: http://es.wikipedia.org/wiki/Islas_C%C3%ADes

    ResponderExcluir
  4. Hola Isa,
    Si hay alguna otra cosa en mi sitio que te interese y no entiendas, me lo dices y te lo traduzco. Gracias por tu interés.
    Salud,
    manuel

    ResponderExcluir
  5. Manuel
    Vocês têm belas ilhas, tal como nós. Conheces Açores e Madeira?
    Bj

    Estela

    ResponderExcluir
  6. Nao conhoço nem os Açores nem Madeira, infelizmante (so por fotos). Estas Ilhas Cies sim que cheguei a tempo de conhecer na época en que ainda nao ia quase ninguén "Nos 70 e 80 comezan a ser utilizadas como destino de descanso ao que, sobre todo a xente nova da zona, acudía en busca de natureza, mar, sol e liberdade, lonxe da vixilancia"

    ResponderExcluir
  7. Uhauuu que maravilha
    Quero ir,,,, quero e quero :-))
    Obrigada amigo
    Beijos e mais beijos

    ResponderExcluir