Total de visualizações de página

quinta-feira, 3 de agosto de 2006

O anteproxecto da Lei da memoria histórica non ampara os últimos galegos asesinados pola dictadura franquista (co apoio da monarquia), os vigueses Humberto Baena e Sánchez Bravo




O anteproxecto de lei de extensión de dereitos aos afectados pola Guerra Civil e pola ditadura foi aprobado pero non deixou contento a ninguén. Organizacións como Amnistía Internacional
cualifican de "decepcionante" este texto que, ao seu ver, non repara
adecuadamente os represaliados polo réxime franquista. No caso das
vítimas galegas, como Sánchez Bravo ou Humberto Baena, esta lei non os
ampararía, xa que foron asasinados no 1975 e o texto non contempla a
quen foi condenado a morte nese ano.





Nunha valoración feita por
Amnistía Internacional de Galiza sobre o contido do Anteproxecto de lei
aprobado o pasado día 28 no Consello de Ministros, o coñecido como Lei
da memoria histórica; din que o seu contido é decepcionante, que se
afasta das normas internacionais de dereitos humanos, que esquece a
xustiza, e non repara adecuadamente as víctimas. Ademais, consideran
que este texto non avanza de manera substancial na procura da verdade.
Na opinión dun dos responsábeis da organización, Alberto Estévez, esta
lei afastará a posibilidade de que a resolución se poida efectuar a
través da vía xudicial, xeito que garantiría unha maior reparación do
nome dos represaliados.




Se atendemos a estes dous galegos asasinados, Humberto Baena e José
Luís Sánchez Bravo, pero tamén no dos demais que foron asasinados no 27
de setembro do 1975, e de manterse o texto da lei tal e como se
aprobou, os seus nomes non verán anulada a culpabilidade á que foron
condenados. Neste sentido, han ser as familias, segundo relatou
Estévez, as que tiren deles para que a xustiza poida reparar o dano
causado. No que respecta ao segundo dos asesinados, este traballo
aínda non foi iniciado, xa que non se lle coñecen parentes.



Amnistía Internacional critica o anteproxecto da Lei da memoria histórica

os estertores do franquismo










Nenhum comentário:

Postar um comentário