Todos a Santiago de Compostela
Saída dende a Alameda.
Fusquenlla, Verdegaia,
Salvemos Monteferro, Greenpeace, Luita Verde, Foro Social de Cangas,
Comité de emergencia da Ría do Ferrol, Ortigueira sostible, Amigos da
Terra, Anduxía, Colectivo nacionalista de Marín, Asociación na defensa
do Parque Rosalía de Castro, SOS Courel, Natura Céltica, Cíes
Artesanais S. Coop. Galega, Centro Social A Revolta, Bouzas móvete,
Grupo de Axitación Social (GAS), Caleidoskopio, Plataforma contra la
ampliación da piscifactoría de Quilmas, Plataforma contra a
piscifactoría de Costa Galloufa, Asociación para a Defensa Ecolóxica de
Galicia (ADEGA), Federación Ecologista Galega (FEG), Alumnos da
Facultade de Informática de Coruña, Salvemos Sanxenxo, Asociación Fuco
Buxán, Choiva Azeda, Comissao RGP, Jóvenes Verdes, O Tesón de Ribadeo,
Comité de defensa das Rías Altas e outras...
Xa son mais de 50 as organizacións que se suman a convocatoria.
Colabora na divulgación:
Descarga os carteis e distribúeos
Descarga os banners e colócaos na túa web:
galiza_non_sevende_2 Banner 150x150
galiza_non_sevende_4 Banner 450x111
galiza_non_sevende_6
galiza_non_sevende_7
Manifesto 6 de maio:
A
situación do territorio galego é, en certos aspectos,
catastrófica. Por unha banda, o factor agrícola e
gandeiro desaparece literalmente da superficie do País e, pola
outra, un urbanismo disparatado, unha forestación masiva e
mercantilista e unha predación sen taxa nin medida dos
xacementos xeolóxicos está a mudar o rostro de Galicia
para mal e ao servizo só duns poucos.
Ate
o de agora os poderes autonómicos
e municipais uníronse aos capitalistas especulativos nunha
sorte de caricatura de Capital Monopolista de Estado. Unidos os
intereses dos especuladores cos intereses da administración
autonómica
e municipal indisolubelmente, lanzouse unha
carreira en persecución do lucro inmediato cuxa meta parece
ser a destrución dos valores (que o son tamén
económicos) da nosa paisaxe e da nosa herdanza natural, así
en terra como en mar.
Pensamos
que a situación actual esixe un golpe
de leme para mudar este
rumo que conduce ao suicidio colectivo no que se refire ao medio
ambiente. E esa mudanza, de natureza política, debe ter en
conta os intereses da maioría da poboación que desexa
un País ordenado, racionalizado e próspero. O tempo da
permisividade unida á corrupción nos concellos e na
Xunta ten que rematar e todos e todas temos que acelerar ese final.
Pensamos
que a actual Xunta de Galicia e os concellos que saian das vindeiras
eleccións deberán coordinar os seus esforzos. E non só
iso: a lexislación deberá modificarse e os poderes
centrais de Galicia están chamados a elaborar un PLAN DIRECTOR
DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO, naturalmente discutido e
consensuado polas organizacións sociais e núcleos de
opinión. Esta participación das multitudes na
elaboración de tal Plan Director constituirá a garantía
de que sexa plenamente democrático. Ora ben, sen planificación
central e democrática da ordenación territorial o caos
perpetuaríase.
Desde
A Guarda a Ribadeo, desde O Caurel á Terra Cha, un terremoto
de especulación e depredación da terra e do mar está
destruíndo a nosa natureza, a nosa paisaxe e a nosa forma de
vida. Está destruíndo, polo tanto, a propia identidade
de Galicia. Soou a hora de que digamos: ABONDA!
A
mobilización do 6 de maio en Compostela ten que significar
unha grande xornada de esperanza e unha chamada á Xunta de
Galicia e as administracións locais para que exerzan realmente
o poder de que dispoñen para frear esta vaga de degradación
e dilapidación do noso patrimonio sen se deixar intimidar
polas forzas poderosas do diñeiro e da cobiza.
Sinaturas de apoio:
|
|
| |
|
|
Ánimo!!! Vinde todos!!! se estades lonxe, hai carros, autocarros, trens e avións!!! e despois da mani, haberá que tomar os viños en Compostela!!!
ResponderExcluir