Total de visualizações de página

segunda-feira, 19 de junho de 2006

CANGAS NON ESTÁ A VENDA - Por un novo PXOM (con VIDEO)


Os veciños de Nigrán sempre agradeceremos a nutrida participación dos de Cangas na nosa manifestación contra o PXOM. E mentras non acabamos de gañar todas a batallas, vamos rindo con este video, antes de contar como eles se organizaron para loitar contra a desfeita proxectada


A POSTURA DO FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO

  O obxectivo deste foro social consiste na creación dunha Plataforma cidadá contra as agresións urbanísticas irreversibles prantexadas polo goberno municipal sobre a nosa vila; en concreto a Vía Rápida e o seu impacto visual, ecolóxico e social; o proxecto de urbanización de Massó por constituir un grave atentado ecolóxico e contra o noso patrimonio social, histórico e identitário, e o proxecto de urbanización de Aldán polo seu impacto social, ecolóxico e visual.

  As principais eivas deste modelo de urbanización, promovido polo goberno do Partido Popular e da Xunta se poden enumerar da seguinte maneira, e dunha maneira moi resumida:
  Trata-se dun modelo urbanístico baseado na especulación inmobiliaria, na maior rendabilidade a corto prazo e na satisfacción e prioridade de intereses privados sobre colectivos.

  Non ten en conta mellora-la calidade de vida dos nosos veciños, en canto a que non respecta no máis mínimo a creación de espacios públicos e de disfrute colectivo, zonas verdes ou servizos mínimos que lle dean cabida á gran demanda que se vai a xerar despois da súa posta en marcha.

  Non conta co respaldo de informes serios de impacto ambiental; así por exemplo, no caso de Massó non están avaliadas as consecuencias que sobre as mareas e as praias vai a ter o recheo e dique para a creación do muelle deportivo; nen o impacto sobre a flora e fauna da zona; que consiste unha auténtica reserva; ou no caso das urbanizacións de Aldán; non ten en conta o impacto sobre os cauces naturais de auga ou se avalían as consecuencias derivadas dos verquidos das augas fecais xeneradas por un volumen tan alto de vivendas.

  Constitúen un grave atentado cultural e social; no caso de Massó porque toda a zona sobre a que se proxecta a aberración debería ser declarada Patrimonio Histórico e natural; no caso de Aldán porque significa a alteración total do perfil e características da parroquia.
Ante este modelo urbanístico que constitúe a desfeita total do noso pobo e a venta do mesmo “a cachos” propoñemos a todos os cidadáns e cidadás unirse ao FORO SOCIAL POLA DEFENSA DO POBO. Mais na páxina do FORO

Nenhum comentário:

Postar um comentário