Total de visualizações de página

sexta-feira, 30 de junho de 2006

Biblioteca Virtual Galega


http://bvg.udc.es/index.jsp
Primeiro proxectamos unha pequena xanela coa que poderiamos mostrar ao mundo un retallo da nosa produción literaria, e con esa intención comezamos a traballar.

Mais as nosas intencións ficaron cativas ante o entusiasmo e a xenerosidade con que fomos recibidos polos escritores e escritoras. Cumpría reconsiderarmos o proxecto inicial e transformarmos a nosa modesta fiestra nun enorme peirao que permitise á dorna da nosa literatura navegar por mares virtuais. E aquí estamos.

Porén, somos conscientes de que para que a nosa dorna chegue a bo porto, non podemos navegar sós. A nosa historia demostrou moitas veces que unicamente sumando esforzos se logrou alancar na normalización da cultura galega. Aprendemos a lección, e por iso agardamos contar coa vosa colaboración.

Tanto ten que sexas escritor ou non, que sexas muller ou home, que sexas novo/a ou vello/a... Tampouco nos importa que non sexas unha persoa, que sexas unha Institución. ¡Benvindos sexades! O único importante é que teñamos os mesmos obxectivos:

* Difundirmos a Literatura Galega.
* Ofrecermos a escritores e escritoras unha nova canle de publicación.
* Facilitarmos a comunicación entre o público lector e os escritores e escritoras.
* Posibilitarmos que novos valores se dean a coñecer a través da Biblioteca Virtual Galega.
* Apoiarmos calquera forma de manifestación artística galega.
* Contribuírmos á normalización da nosa lingua e da nosa cultura.

Coa túa colaboración a Biblioteca Virtual Galega chegará a ser o grande Portal Web da literatura e a cultura galegas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário