Total de visualizações de página

segunda-feira, 30 de outubro de 2006

Casa Trabazo, revisitada



E o que tinha que ser, foi, o espectáculo estaba garantido. Según chegamos, un consomé para facer boca. A seguir, un desfile de fontes, no que participaron Marujita, Pedro e as cocinheiras, que nos asombrou e deixou as carnes na mesa como se ve na foto. Un anaco de lacón e outros dous de cacheira, ca peculiaridade de que o anaco de lacón era a perna enteira do porco, e cada anaco de cacheira a metade da cabeza do mítico animal. Os xarretes, os chourizos e as filhoas para envolvelos. As patacas e a verdura non vinhan no lote, foron traidas cada pouco, ben quentinhas. Para parchear e que non colha aire o estómago, Pedro desfixo cacheira e patacas co garfo, que delicia. Mais un consomé, e mais vinho de Barrantes para ilo molhando todo. E por se quedas con fame, os famosos postres: Bica, peras o vinho, brazo de xitano e natilhas. E a saida, te entrega Marujita os famosos prensamentos (¿ou será pensamentos?) feitos con aquel mundo de cacheira que sobrou, un embutido que degustaremos outro dia. Café de pota, licor café, canha e mais café. Para rematar a faena voltando a casa, paradas en Cuntis e xa no Val Minhor, no Bar Patos. Para a felicidade total non faltou mais que o frio e uns amigos que vinhan de Madrid e perderon o avión. Outra vez será, que ocasións non han de faltar.






Nenhum comentário:

Postar um comentário