Total de visualizações de página

segunda-feira, 2 de outubro de 2006

800 MIL NEN@S MORRERÁN NO NÍGER



MAIS DE UN CUARTO DOS CERCA DE 12 MILLÓNS DE HABITANTES PRECISA DE AXUDA ALIMENTARIA


Asistentes
sociais no Níger o dicen. O país africano non está a
conseguir recuperarse de unha praga de langosta e da sequía.


A
carencia de alimentos poderá matar nos próximos dias 800 mil cativ@s,
anunciou recentemente o relator especial das Nacions Unidas para o
Dereito à Alimentación.


«A
situación é extremamente grave e, a calquera momento, a subnutrición
severa pode dexenerar em fame xeneralizada. Xa hai xente a morrer e os
mais vulneráveis son @s menin@s, seguido por enform@s e persoas de edade»,
afirmou sociólogo suízo Jean Ziegler.


Em
Maio, o subsecretário da ONU para os Asuntos Humanitários, Jan
Egeland, solicitou fondos de emerxencia de cerca de 13,4 millóns de
euros, «mas ata a data as doacións non superaron 3,1 millóns de euros».


O
sociólogo suízo deixou moi claro que, «no Níger, non se pode
falar de desvio de fondos, corrupción, ou prevaricación»
, porque a
misión da ONU comprovou o sistema vixente para a distribución de
alimentos.


Apesar
de non haver estadísticas sobre a mortalidade infantil no
Níger, Ziegler contou que só chega aos cinco anos de edade un de cada catro. Os bebés com 18 meses de idade, que deverían pesar
entre 6,5 e sete quilos, non chegan nin a mitade deste peso e teñen lesións cerebrais irreversíveis debido desnutrición.


A crítica mais dura do relator especial das Nacións Unidas para
o Direito a Alimentación foi para os «planes de axuste» do Fondo
Monetário Internacional (FMI), que prohíben o suministro gratuito de comida e cuidados de saúde básicos.


Os
«planes de axuste» son medidas de austeridade impostas por o FMI a países que queren obter os préstamos necesarios para
pagar a sua débeda. As medidas van dende a liberalización do
comércio e a devaluación da moeda e o aumento das taxas de interés,
aos cortes no gasto público e a privatización de empresas estatais.

Mentras tanto, na "democrática" Europa séguese tratando a os que fuxen da fame como delincuentes e mafiosos. Como exemplo, o que fai o goberno "socialista" do estado español.


Mais en http://vavat.multiply.com/journal






Nenhum comentário:

Postar um comentário