Total de visualizações de página

quinta-feira, 5 de outubro de 2006

Noticias do MEEBO




500,000
usuarios rexistrados

(O mapa mostra os usuarios en liña, e actualizase cada 15 minutos)


En algún
momento do luns, un usuario descoñecido do meebo abriu o seu
navegador e decidiu rexistrarse no meebo . Mal sabía el que
cando acabou tiña creado a conta número 500,000. Medio
millón! Os do meebo vanlle mandar un correo de agradecemento e unha das suas bonitas camisolas, como as que me mandaron por
traducilo o galego.

Tendo en conta que
a posibilidade de rexistrar unha conta meebo está disponibel
dende fai oito meses, e tendo en conta que non é necesario
facelo para poder usar o meebo, o número é notable.
Eses usuarios rexistrados teñen algunhas opcións extra,
como é o rexistro de conversas, ou a posibilidade de cambiar
os nomes, entre outras.


Outros números

Cantas
entradas hai por dia? 950 000


Queres
saber cantas de esas entradas son “únicas”? Unhas 670 000.
Polo tanto cada usuario entra unha media de 1.4 veces por dia.


En
cantas redes de IM mensaxería instantánea entra cada
un, por término medio? 1.4 tamén, ou o que é o
mesmo, 1.35 millóns de entradas nas redes IM diarias se fan a
traves do meebo.

Mais de 3.5 millóns de individuos
“unicos” entran no meebo cada mes, e
mandan e reciben 57,000,000 mensaxes diariamente
. Que pasa se
sumas todo o tempo de esas mensaxes por dia? 64,000,000
minutos
, que veñen sendo 122 anos!!!!! (click aqui
para ver o gráfico) . Resulta de esto que estamos mandando ou
recebendo unha mensaxe por minuto, estando unha media de 70
minutos/sesión.

E que pasa co trebello meebo
me
, a última reviravolta do meebo's en mensaxería
instantánea IM en rede? Para levar dous meses, estase usando
dabondo! ! Foron creados e incrustados nas páxinas da rede
42,000 trebellos meebo “únicos”. Estes trebellos foron
vistos en 600,000 sitios na rede “únicos”
URLs por... (tamboril, por favor)... 6,000,000+ persoas “únicas”.
Unha fartura de conversas IM incrustadas na rede!!!

Os do
meebo non teñen palabras para agradecer a axuda dos usuarios
nas melloras do meebo e o seu apoio, e vos convidan a seguir
informando dos
fallos
e a suxerir
novas características
a desenvolver nas versións
futuras!















Nenhum comentário:

Postar um comentário