Total de visualizações de página

terça-feira, 17 de outubro de 2006

A permanencia e continuidade da Comisión Volta dos Nove



Durante décadas as mans populares riscaron no chan, á beira da estrada, nove cruces que cultivaron a memoria dos asasinatos . Dende hai un ano á arbore de bronce e os loureiros ideados polo escultor Fernando Casás serven de merecida homenaxe ás víctimas da sublevación franquista. (Fernando Casás inaugura Exposición o
xoves 19 de octubre ás 20 horas na Sala de Exposicións do Centro Cultural Caixanova. Rúa da Reconquista s/n Vigo)

Duras críticas á desidia do concello de Baiona.
O
director do Instituto de Estudos Miñorán (
Carlos Méixome) suliñou o grande abandono por
parte do Concello de Baiona e o incumprimento das súas promesas de
colaboración na conservación e finanzamento do pequeno espazo
axardinado que arroupa o monumento de Fernando Casás.

A Comisión Volta dos Nove
Carlos Méixome anunciou a
permanencia e continuidade da Comisión Volta dos Nove para a
preservación do conxunto patrimonial artístico como son o monumento e
as obras cedidas por artistas miñoranos (fotografía, pintura e poesía)
que se espuxeron o pasado verán no Barco da Memoria amarrado no peirao
do porto de Baiona.


Por elo a
comisión da Volta dos Nove solicitou de novo a colaboración cidadá
para poder sufragar os gastos dos 20.000 euros que custou o
pequeno espazo
axardinado e os materiais empregados no monumento
.

Axuda - DonativoINGRESO na conta de Caixanova 2080 0528 66 0000005960
TARXETA ou conta PAYPAL se queres facer o donativo por internet na dirección
https://www.paypal.es/affil/pal=donativo@minhor.org

Fonte: O Portal do Val Miñor








Nenhum comentário:

Postar um comentário