Total de visualizações de página

terça-feira, 17 de janeiro de 2006

Consitúese un novo grupo vecinhal en defensa de Monteferro. Salvemos Monteferro - A new local group in defense of Monteferro has been constituted. Let's save Monteferro


Fonte: O Portal do Val Minhor


As fontes consultadas confirman a creación dun grupo vecinhal independente en prol da defensa da paraxe da península de Monteferro. Dados os últimos acontecementos de talas ilegais no entorno do citado monte, o grupo "Salvemos Monteferro" acaba de constituirse facendo o seguinte chamamento:

"Ante as graves agresións xa sufridas no entorno natural de Monteferro (Nigrán) e fronte as accións anunciadas e propostas no proxecto de obras presentado polo Concello de Nigrán e a Deputación, ca conivencia da Comunidade de montes de Panxón, un grupo de persoas sensibilizadas co problema, particulares e membros de distintas Asociacións de Vigo e Val Minhor, tiveron o pasado día 12 de Xaneiro o primeiro encontro para unificar futuras actuacións na defensa dun dos últimos reductos verdes da nosa ría, e para amosar a nosa total repulsa ante os feitos acaecidos e a nosa decidida oposición a deforestación e urbanización de Monteferro (único paraxe con espacio aínda sen urbanizar dende Chapela a Nigrán).

Tal como consta no documento asinado na reunión o grupo está aberto a quén queira sumar ideas e accións na defensa de Monteferro.  
Podedes contactar en
salvemosmonteferro@hotmail.com "


ou no sitio Salvemos Monteferro (www.salvemosmonteferro.org)


 


The consulted sources confirm the creation of an independent local group for the defense of the peninsula of Monteferro. After the last events of illegal prunings there, the group "Save Monteferro" has just been constituted making the following call: 
 
"Before the serious aggressions already suffered by the natural environment of Monteferro (Nigrán) and to stop the announced actions and proposals in the project of works presented by the City council of Nigrán and the Deputación, with the connivance of the Community of mounts of Panxón, a group of sensitive people with the problem,  and also some members of different Associations of Vigo and Val Minhor, had last 12 January  the first meeting to unify future performances in defense of one of the last green havens of our bay, and to show our total repulse before the happened facts and to our resolved opposition to the deforestation and urbanization of Monteferro (only place with space without urbanizing from Chapela to Nigrán).  
 
As it is written in the document signed in the meeting, the group is open to those who want to add ideas and actions for the defense of Monteferro.   
You can contact in
salvemosmonteferro@hotmail.com "


or the site Save Monteferro (www.salvemosmonteferro.org)

Nenhum comentário:

Postar um comentário