Total de visualizações de página

domingo, 10 de dezembro de 2006

A Queimada


Description:
Un amigo portugués me pediu a receita da queimada. Buscando na Rede atopei a opinión do grande Alvaro Cunqueiro, que dixo que non debe levar café, porque rouba o sabor do augardente, o que pode ser certo cando esta é de calidade excelente. Na minha opinión, uns poucos graos de café non lhe fan mal ningún.
http://www.galiciaconvos.com.ar/convos_queimada.htm
Encontrei outra páxina que conta a historia da invención da queimada con café, na guerra civil. http://www.lareira.net/ga/bebidas/queimada.php


Ingredients:
Augardente
Azucar ou mel
Casca de limón
Opcional: Graos de café, ou café feito, ou viño, frutas etc

Directions:
Nun culherón colocar azucar ben molhado en augardente e prender lume. Con eso pasado pola superficie da futura quiemada vaise quentando o augardente ata conseguir que arda. Remexendo vaise queimando o alcool, e vaise provando o sabor según se van engadindo o resto dos ingredientes, ata conseguir o nivel de alcool e o sabor que un goste.


O CONXURO DA QUEIMADA


Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.
Demos, trasgos e dianhos,
espritos das nevoadas veigas.
Corvos, pintigas e meigas:
feitizos das mancinheiras.
Podres canhotas furadas,
fogar dos vermes e alimanhas.
Lume das Santas Companhas,
mal de olho, negros meigalhos,
cheiro dos mortos, tronos e raios.
Oubeo do can, pregón da morte;
fucinho do sátiro e pe do coelho.
Pecadora lingua da mala mulher
casada cun home velho.
Averno de Satán e Belcebú,
lume dos cadavres ardentes,
corpos mutilados dos indecentes,
peidos dos infernales cús,
muxido da mar embravecida.
Barriga inútil da mulher solteira,
falar dos gatos que andan á xaneira,
guedelha porca da cabra mal parida.
Con este fol levantarei
as chamas deste lume
que asemelha ao do Inferno,
e fuxirán as bruxas
a cabalo das súas escobas,
índose banhar na praia
das areas gordas.
Oide, oide! os ruxidos
que dan as que non poden
deixar de queimarse no augardente
quedando así purificadas.
E cando este brebaxe
baixe polas nosas gorxas,
quedaremos libres dos males
da nosa alma e de todo embruxamento.
Forzas do ar, terra, mar e lume,
a vós fago esta chamada:
si é verdade que tendes máis poder
que a humana xente,
eiquí e agora, facede cós espritos
dos amigos que estan fóra,
participen con nós desta Queimada.


Um comentário:

  1. Muitissimo obrigado.
    Vou tentar fazer essa bebida maravilhosa ainda hoje.
    visita www.portuguesecafe.com.
    Um grande abraco.
    Quim Gameiro

    ResponderExcluir