Total de visualizações de página

segunda-feira, 6 de fevereiro de 2006

Glest: un videoxogo con marca galega, flexíbel e GRATIS


http://www.glest.org/
Nun escenario comparábel "coa Europa prerrenacentista con engadido de que as forzas máxicas existen no contorno e poden ser controladas", desenvólvense as fantasías do Glest, xogo de estratexia en 3D que pode descargarse de balde en internet (na ligazón arriba) e que en 2004 foi recoñecido co premio Art Futura 2004. "O desenvolvemento de xogos a nivel comercial estase convertendo en algo cada vez menos ao alcance de estudos independentes debido os enormes custos de produción". Un dos pais do proxecto e promotor da idea, o informático galego Martiño Figueroa, en quen puxo os ollos Electronic Arts, levándoo para o Reino Unido a traballar para o xigante do videoxogo, fala para Vieiros sobre o Glest (No canal fwwwrando de vieiros.com). O xogo xa foi baixado por mais de 100 000 internautas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário