Total de visualizações de página

quarta-feira, 23 de novembro de 2005

Encontran material inflamable no coche incendiado do concelhal de Nigrán. MANIFESTO de APOIO


  O edil do BNG tinha denunciado recentemente intereses urbanísticos en Monteferro, uma zona natural. Restos de trapos e bolsas de plástico con gasolina confirman que o incendio que calcinou o coche foi provocado. A Guardia Civil está pendente do informe pericial do especialista de incendios que chegou onte para investigar as causas do lume.


O concelhal nacionalista tinha denunciado fai pouco tempo nos medios de comunicación duas actuacions polémicas na comunidade de montes da península de Monteferro.


Mais información en http://www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?TEXTO=4274548


MANIFESTO de APOIO e CONDEA


En pro da defensa das liberdades, que nos fan ser cidadáns dunha democracia, queremos deixar clara a nosa TOTAL REPULSA e DENUNCIA a calquer acto violento que pretenda coaccionar a liberdade das persoas, indistintamente da súa condición política, sexual ou relixiosa.


O sábado David Xiráldez, concellal polo BNG e ante todo veciño de Nigrán, sufriu ás portas da súa casa un acto cobarde de violencia e coación.


Uns indesexables prenderon lume ao seu coche, o que provocou a calcinación total do vehículo e unha explosión que puido afectar aos coches colindantes ou a calquer peon que se puidera atopar cerca.


Ante esta noticia, calquera persoa, indistintamente da súa idoloxía ou condición, sentiu tocado un anaco da súa liberdade na comarca.


Por iso, queremos deixar este espazo da web para transmitirlhe a David Xiraldez o noso máis sinceiro apoio, CONDEANDO calquer acto que pretenda coaccionar a liberdade de acción e pensamento dos cidadáns.



Fdo - O equipo de valminor.info


Deixa a túa mensaxe en:
http://www.valminor.info/modules.php?name=Forums&file=viewtopic&p=222#222

Nenhum comentário:

Postar um comentário