Total de visualizações de página

quinta-feira, 17 de novembro de 2005

Homenaxe da Asociación de Escritores: Ponte nas ondas!, bos e xenerosos


http://www.pontenasondas.org
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG (www.aelg.org), decidiu dedicarlle a edición deste ano da homenaxe "Os bos e xenerosos" ao proxecto Ponte... nas ondas!. A AELG quere destacar o traballo realizado desde 1995 por esta asociación nas escolas galegas e portuguesas e o seu decisivo traballo para que o patrimonio inmaterial galego-portugués sexa declarado pola UNESCO "Obra Mestra da Humanidade". A homenaxe "Os Bos e Xenerosos" é un acto que tenta salientar o compromiso ético coa cultura de Galiza. Foron protagonistas desta homenaxe, na súa I e II edición, Avelino Pousa Antelo e a institución do Museo do Pobo Galego. (Noticia de vieiros.com)

Nenhum comentário:

Postar um comentário