Arca Do Clima:
O portal do Cambio climático e do aquecemento global
Faga saber ao presidente da Indonesia que o mundo espera que cumpla a promesa do seu ministro do ambiente de abordar de raíz as 
causas  dos fogos e da drenaxe das turbeiras da pluviselva.
PARA VER DIAPOSITIVAS DA SELVA, PREMA NA FOTO

Fonte: Climate Arc
As pluviselvas da Indonesia conteñen o 60% de 
toda a turba tropical do mundo. As turbeiras das pluviselvas, cando son drenadas e 
deforestadas,  chegan a ser altamente 
susceptibeis a incendios longos xa que a turba que enche o solo é rica en carbón e metano. Son os xacimentos de carbón máis importantes  do mundo e desempeñan un
papel vital na regulación do clima global. Son tamén 
moi ricas en biodiversidade e un refuxio para  especies como os orangutans,
posto que a maioría dos bosques da terra baixa xa foron deforestados. 
Estas pluviselvas ricas en turba estanse destruindo rápidamente; sobre todo polo aceite de palma, a madeira,  e as compañías de pasta de papel. O goberno indonesio endosou un programa masivo de biofuel que prevé un aumento das 
plantacións de aceite de palma dos 6 
millons de hectáreas actuais a mais de 26 millóns de hectáreas.  Acaban de se aprobadas 5.25 millóns de hectáreas para producción de biofuel, incluindo un millón a  unha das compañías que estuvo implicada nos acordos 
para una mega-plantación na parte de Kalimantan coñecida como o '
corazón de Borneo ' que se conseguiu parar,  pero é 
probable que reapareza  en outro ponto de un xeito ou outro.
O aumento da producción de biofuel, fortemente  estimulada polo mercado europeo, vai ser moi probablemente a morte para a maioría das pluviselvas de turbeira da Indonesia. Lonxe de reducir emisións de gases do 
cambio climático, lanzará rápidamente ata 50 mil millons de 
toneladas de carbono a atmósfera. Éste é equivalente a 6 anos de emisións globais de combustible fósil e 
podería facer que  o aumento da temperatura global de 2 ºC (xeralmente considrado como "nivel peligroso") fose inevitable . Esta emisión de carbón procedente das selvas de turbeira deforestadas podería de seu levar o planeta más aló do ponto de  inflexión climático, producindo empeoramentos importantes no efecto invernadeiro 
global como son as enormes emisións de metano do permafrost e do océano, causando a desintegración rápida dos xeos e unha cadea imparable de extincións en masa. 
As emisións de carbón de Indonesia polo drenaxe da turba e os incendios xa puxeron o país en terceiro lugar mundial en  CO2. Un estudo recente encontrou que unha tonelada de biodiesel feita de aceite de palma 
producido nas turbeiras de Asia suroriental está ligada á 
emisión de 10-30 toneladas de dióxido de carbono. Resulta chocante, xa que é  2-8 veces mais do que se emite con unha 
tonelada de diesel procedente de combustible fósil. Lonxe de axudar no desenvolvimento, as plantacións de monocultivo están ligadas a o incremento da 
pobreza e a centos de conflictos rurais polos dereitos das terras.
Despois dunha época particularmente devastadora de lumes no 2006, o ministro indonesio do ambiente prometeu recentemente 
abordar as causas de raíz dos fogos da turba: restaurar os niveis de agua nas áreas drenadas, protexer o bosque natural no futuro contra as plantacións, e reducir drásticamente os lumes futuros. É esencial que esas promesas se convirtan en feitos. Estas promesas son incompatibeis coa extensión das plantacións do monocultivo en Indonesia, así como co programa de biofuel do goberno. 
Agora escreba por favor ao goberno indonesio para expresar suas 
preocupacións graves polos planes de extensión do biofuel que 
ameazan destruir ainda máis as selvas e turbeiras, e así 
acelerar peligrosamente o cambio climático global.
Pode asinar na parte baixa de esta petición
E PARA VER EN IMAXES O QUE É O BIOFUEL, AS PLANTACIÓNS DE ACEITE DE PALMA E AS SUAS CONSECUENCIAS, PREMA NA FOTO

 
Nenhum comentário:
Postar um comentário