Total de visualizações de página

quarta-feira, 13 de junho de 2007

Non tires a PC vella!!! instalalle DeLi Linux (traducín a web deles ao galego e o español, xa está en liña, alguem me ajuda com a versao portuguesa?)




A páxina de DeLi Linux xa está en catro linguas, unha delas o galego. Como tamén a traducín ao español, podese decir que desta vez o galego foi a terceira lingua, despois do inglés e o alemán.

DeLi Linux é un Linux "de escritorio lixeiro" . É unha distribución de Linux para vellas computadoras, a partir do 486 ao Pentium II ou III.  Inclúe clientes de correo-e, navegador gráfico, programas de oficina con procesador de textos e folla de cálculo, etcétera. Unha instalación completa, incluíndo XOrg e ferramentas de desenvolvemento, non necesita máis de 350 MB de espazo no disco duro.

O truco é que DeLi Linux soamente usa aplicacións alternativas "lixeiras". A computadora de proba é unha  486 con 16 MB de RAM, e todas as aplicacións que veñen con DeLi Linux están funcionando sen problemas.  Cecais se pregunte "porqué diaños facer un Linux para ese lixo vello?". Aínda hai moitas computadoras  coa configuración mencionada arriba, sería unha vergoña desperdicialas. Moita xente simplemente non pode comprar unha máquina de 4 Ghz por 1000 € ou máis, pero pode comprar un Pentium I 133 por 50 € en ebay. Estudantes, ONGs, ou simplemente xente consciente de que é mellor ter un PC que ter lixo altamente contaminante son os usuarios potenciais aqui, xunto con aqueles dos paises do terceiro mundo.

Entre na páxina de
DeLi Linux  ou continue lendo....



Que di a xente de DeLi Linux

"Non podo parar de xogar con el. Asi que non tire a súa vella computadora, instale DeLi Linux." (Susan Linton, de tuxmachines.org nunha reseña en Distrowatch)


"DeLi Linux sorprendeume convertendo o vello 486 nun sistema utilizable [...] o Pentium III foi extremadamente receptivo, resultando ata mais rápido que o meu PC principal, un sistema AMD64 con Fedora Core 6 [...] Ata onde chegan as distribucións lixeiras de Linux , DeLi é unha das mellores." (Stefan Vrabie nunha reseña en linux.com)


"Aínda conservo a miña primeira máquina Intel, un sistema 486 DX2 66 MHz [...] funciona actualmente con DeLi Linux como sitio de traballo para a miña nai que, a pesar de ser tecnofobica, ámao e non ten ningún problema." (mensaxe publicada en Usenet)


Consiga DeLi Linux

Aviso: DeLi Linux é aínda beta. Non hai garantía de ningunha clase, use e examine DeLi Linux baixo a súa responsabilidade e risco.

Consígao por BitTorrent (grazas a catwalk)

Baixe unha imaxe de CD (ISO) desde mihd

Baixe unha imaxe de CD (ISO) GRANDE desde mihd (con aplicaciones adicionales, desde deli32 y nx, 242 MB)

Baixe a ISO desde Mirror berlios

Baixe a ISO desde Mirror darksnow (Brasil)

Baixe discos  floppy de instalación.

Baixe unha árbore de portos

Capturas de pantalla de Deli Linux


Nenhum comentário:

Postar um comentário