Total de visualizações de página

quarta-feira, 6 de junho de 2007

Primeiro AUDI, agora BMW aposta por GNU/Linux e Xen


Fonte: Mancomun.org


BMW está a empregar Novell SuSE Linux Enterprise Server (SLED) e virtualizacións Xen nos seus centros de datos.

Segundo as declaracións do director de Solucións de Plataformas Abertas e vicepresidente de Novell, «A integración asegura que todas as pezas da solución traballarán ben en conxunto, igual que no caso do código aberto, xa que elimina os "bloqueos dos vendedores" e mellora a elección dos consumidores».

Despois dalgunhas probas no seu centro de investigación de EE UU e Alemaña, o grupo decidiu despregar un centro de datos virtual e empregar para iso SLED e Xen en Intel x86 dual-core. Segundo parece, engadirá unha flexibilidade maior ao ciclo de vida dos servidores...


BMW non é o primeiro en empregar SuSE pois Audi xa o estaba a empregar.

Cada vez máis empresas apostan polo software libre debido á súa flexibilidade, á súa transparencia e á súa eficiencia. No caso de BMW, empregaron Xen en contraposición a outras alternativas privativas que xa valoraran.

 
Ligazón á nova:
http://www.tectonic.co.za/view.php?id=1567


Mais:


Nenhum comentário:

Postar um comentário