Total de visualizações de página

domingo, 25 de dezembro de 2005

O governo galego apoiará a candidatura de Ferrín ao Nobel


O presidente da Xunta expresou a súa admiración polo escritor ourensán e o apoio do Goberno á candidatura de Ferrín ao Nobel de Literatura do 2006, presentada polo propio PEN Clube e pola Asociación de Escritores en Lingua Galega. Emilio Pérez Touriño considera que esta candidatura é "refrendada" por toda Galiza. Foi no acto de entrega do premio PEN Clube a Úrsula Heinze, cuxo discurso laudatorio fixo Xosé Luís Méndez Ferrín.


Así, o autor de Con pólvora e magnolias converteuse en inesperado coprotagonista dun acto que serviu ademais para a estrea de Damián Villalaín no seu novo posto de asesor do presidente da Xunta na área de cultura.

Touriño gabou tamén o labor de Ursula Heinze, unha "galega de nación", na literatura galega e á fronte do PEN Clube. Previamente a escritora nacida en Alemaña aproveitou o seu discurso para pedirlle ao presidente máis cartos para este clube internacional de escritores, amparándose no traballo de difusión que o clube fixo da literatura galega nos foros internacionais. Na súa intervención Touriño non deu ningunha resposta a esta petición. Fonte:
Vieiros

 

Podes ler algun poema de Ferrín o outros de autores galegos aqui

Nenhum comentário:

Postar um comentário