Total de visualizações de página

quinta-feira, 8 de fevereiro de 2007

A LAMPREA, DELICIOSO E MONSTRUOSO FÓSIL VIVO (zempre chinchoz, zempre chinchoz, a ver cando comemos zoubaz)


En Xaneiro a come o clero
En Febreiro o cabaleiro
En Marzo o funcionario
En Abril, o pobo vil

As lampreas son peixes de corpo cilíndrico rematado nunha cola aguda, varias especies de lamprea consúmense como alimento.


Nace no río e alí permanece durante 4 ou 5 anos como larva
ata que mide 20 cm e se converte nun adulto e descende ata o mar,
vivindo entre os 200 e os 500 m de profundidade ata chegar á madurez
sexual, medindo entre 80 e 100 m de longo e pesando ata 1 kg, cando
emprende unha viaxe migratoria que leva a lamprea a remontar o río para
desovar na primavera e verán, o número de ovas varía entre as 50.000 e
as 200.000, logo da desova as lampreas morren. (fonte: Galipedia)

Moito temos falado nestes días do patrimonio inmaterial galego portugués, que certamente é unha obra mestra por si. Ese patrimonio está presente en tódolos ámbitos da cultura que compartimos galegos e portugueses, e a cociña e gastronomía non ía ser menos.

Sentase un á mesa en calquera lugar do norte de Portugal cun bo prato de caldo verde e séntese na casa e rodeado de amigos. O gusto polos viños algo acedos e cun chisco de agulla define de forma substancial a nosa irmandade culinaria, xa que en ningún outro lugar da península ibérica gozan de tanta estima tales caldos.

Pero posiblemente o rasgo culinario máis característico de cantos unen a ambas beiras do Miño sexa o gusto pola lamprea. Neste caso o río lonxe de separarnos únenos nun abrazo fraternal profundo e primixenio.

Penso que non hai lugar do mundo onde ese peixe primitivo, antediluviano, goce de tanta estima coma o fai en Galicia e Portugal, fundamentalmente nas terras próximas ao Miño.

E non se trata unicamente do gusto de uns e outros por este peixe que nos visita so nunha curta tempada cada ano, senón que as receitas empregadas para cociñalo son moi semellantes en ambos países. A chamada “lamprea á bordalesa” énos común e xa é unha receita máis nosa que do seu Burdeos natal (fonte: Colineta)

E se quedaches con fame,
aqui hai mais lamprea











Um comentário:

  1. Teño ouvido que a lamprea é comida de protocolo un certo día do ano no Pazo de Buckingham, e non esquezamos que o rei Henry I morreu despois de comer unha gran comida de lampreas, das que el era afeccionado. As lampreas foron consideradas unha delicia na Idade Media. Unha busca no Medlin en setembro de 2000 non mostrou ningún artigo escrito a partir de 1966 sobre os perigos do consumo de lampreas.

    ResponderExcluir