Ti tes unha mazá e eu teño unha mazá, e as intercambiamos,
aínda teremos unha mazá cada un. Pero se ti tes unha idea e eu teño unha idea e as
intercambiámos, entón ambos teremos dúas ideas.
Este simple exemplo de George Bernard Shaw debería ser suficiente para
mostrar a diferenza fundamental entre o coñecemento e os bens
materiais. Con todo, parece ser a tendencia actual o cubrir ao
coñecemento cun manto de escaseza artificial, impedindo a súa difusión
para desta forma asemellalo ás cousas materiais e tratalo como a estas
últimas.
Este artificio para lograr que as ideas se compórten como as mazás
consiste en marcos regulatorios legais. A idea non é nova, como o
explica moi claramente Enrique Chaparro, senón que se remonta a finais
do século XVIII onde nacen o dereito de autor e as patentes. O novedoso
é a generalización da idea de privatizar o coñecemento.
Así como nos comezos da chamada "era industrial" foi necesaria a
privatización dos medios de produción, agora inténtase a apropiación do
coñecemento humano. Pero, como o deixa en claro o simple exemplo de
Bernard Shaw, este é por natureza inagotable e requírese de mecanismos
artificiais para eliminar a súa capacidade de reprodución infinita.
Así é que, por exemplo, se patentan algoritmos (ideas puras sobre como
resolver distintos problemas), métodos matemáticos, secuencias
xenéticas e proteínas, entre moitos outros exemplos. O que non se ten
en conta é que estes "descubrimentos" son só o estado actual alcanzado
por un proceso evolutivo cultural de varios séculos e, ao outorgar a
exclusividad da súa utilización, estase poñendo unha barreira á súa
continuación.
Triste (e vergonzoso) é ver, por dar outro exemplo, a universidades
públicas asinando acordos de confidencialidade con empresas, no marco de
investigacións relacionadas coa mellora da produción de alimentos.
(¿Cantos coñecementos previos se utilizarán nesa investigación, a máis
dos fondos públicos utilizados? ¿Non é penoso ver a unha
Universidade pública ocultando avances científicos que poderían
beneficiar á comunidade ou impulsar novos avances?)
Lamentablemente, estamos asistindo a un novo escenario no mundo do
coñecemento e a cultura. Se chegamos ao grado de avance actual, foi
grazas á libre difusión das ideas (e temos grandes mostras na historia
do ocorrido cada vez que se intentou poñerlle freos). Parece que moitos
están dispostos a terminar con este proceso evolutivo, a cambio da
explotación do valor económico da cultura obtida ata hoxe.
Ortega e Gasset estaría agradecido de que aínda hoxe a Filosofía non
sirva para nada. Talvez isto evita que a poñan nun frasco ou nunha
caixa, a etiqueten e véndana como un "produto".
Quizais a comunidade científica sexa a única que poida deter o avance
desta tendencia (seguramente nin os gobernos nin as empresas o van facer).
¿Prestaranse os nosos científicos ao comercio do coñecemento? Por agora
moitos meten a cabeza na terra...
Fonte:
Blogue de Javier Smaldone
Unha conferencia moi interesante de David Bravo sobre o papel dos media, os dereitos de autor as Redes P2P e apropiedade intelectual. SGAE abre os ouvidos. (Nota: na primeira parte non se ve, por problemas técnicos)
Nenhum comentário:
Postar um comentário