NO COLEXIO PÚBLICO DE VILAMEÁN (H. JUANES)
A ordenación do territorio. Os espazos naturais e o patrimonio, é o título desta terceira sesión.
Intervirán:
Xabier Groba González, Vogal do Clube Espeleolóxico Mauxo. Falará sobre o proxecto de campo de golf en Chandebrito e as súas consecuencias.
Xosé Lois Vilar Pedreira, Licenciado en Xeografía e Historia, director da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Miñoranos. Unha ollada ao patrimonio, sobre todo moble, no Val Miñor, sen esquecer unha cita co patrimonio intanxible facendo unha análise da importancia no plano miñorano galego e universal.
Dado o enorme interese desta temática, as entidades organizadoras animan á veciñanza de Nigrán a acudir a escoitar esta charla e a participar activamente no coloquio que a continuación se realizará cos conferenciantes.
É esta a terceira sesión destas Xornadas de Urbanismo de Nigrán que se veñen desenrolando con gran éxito de contidos e de participación.
Nenhum comentário:
Postar um comentário