XORNADAS DE URBANISMO,NIGRÁN/XOVES 22 MARZO 2007, ÁS 20,00 h, no COLEXIO de VILAMEÁN (H. JUANES)
Neste 4º día das Xornadas contaremos coa presencia do arquitecto Pedro de Llano Cabado que falará sobre
Galicia: A ruptura dunha cultura do territorio.
Cando non hai máis de
medio século Galicia contaba cunha paisaxe homoxénea e respectada,
comezou un camiño de crecente e tolerada destrución. Desde entón, a
evolución da nosa arquitectura do territorio viviu un caótico proceso
destrutivo marcado por unha groseira actitude especulativa, controlado
só por unhas inoperantes e conservadoras leis e documentos
urbanísticos.
Resulta, pois, imprescindible poñer en crise ese marco legal e
repensar o futuro da nosa realidade espacial introducindo unha nova
visión da organización do territorio galego, considerado no seu
conxunto, que nos permita elaborar modelos conceptuais de intervención
que posibiliten o seu desenvolvemento, ao tempo que salvagardan a súa
particular personalidade.
en exercicio e profesor na ETS de Arquitectura da Coruña. Colabora en
revistas de arquitectura e noutras como Luzes de Galicia, Grial ou
Tempos Novos.
É
autor de obras como "Arquitectura Popular en Galicia. Razón e
construción" e outras sobre Álvaro Siza, Alejandro de la Sota, Le
Corbusier ou Carlos Maside, así como sobre arquitectura holandesa ou
sobre o Piornedo.
Por algunhas destas obras fóronlle concedidos premios como o da
Crítica Galicia de Ensaio, o da Crítica Galicia de Ciencias e Artes da
Comunicación ou o VII Premio do COAG.
Um dia, quem sabe, por aqui tenham a mesma coinsciência.
ResponderExcluirMuito interessante sua postagem. Gostei muito.
Um beijo.
Eramos muito poucos um ano atras, cuando formamos "Salvemos Monteferro". O que nao sabiamos é que muita gente estava a espera de ouvir falar do que se estava passando. E so iniciar e as pessoas vao chagando devagar a ouvir, porque sabem que nao é mais uma maniobra política, que sao coisas que todos estamos a ver no dia a dia. Em www.salvemosmonteferro.org ja temos recibido mensagems de paises muito longe de aqui, e no inicio, que foi bastante duro, foi muito bom saber que ha gente em tudo o mundo que pensa do mesmo jeito. Obrigado pela sua mensagem.
ResponderExcluirUm beijo.