Total de visualizações de página

sexta-feira, 19 de janeiro de 2007

Mobilización Global de apoio os que loitan en USA para parar a guerra - asina-firma-sign















Fai
algúns anos colaborei con MoveOn, espallando as suas mensaxes contra a
guerra. Pouco mais se podía facer non sendo americano. De cando en vez
recibo un correo de Eli Parisier, coma este no que avisan da creación
de un portal global e unha petición para o Congreso dos USA, que vos
agradecería espallaseis entre os vosos amigos.



Eli Pariser (nacido o 17 de decembro de 1980) é hoxe en dia o director executivo de
MoveOn.org
. Pariser uniuse a MoveOn en novembro de 2001, despois
das suas campañas independentes, nas que conqueriu a axuda abrumadora da comunidade en
liña. Dirixiu a campaña de MoveOn contra a guerra de Iraq,
triplicando os miembros de MoveOn no proceso.Como director da acción
política de MoveOn.org,alcanzou en 2004 mais de 30 millóns $ a partir
de 350.000 donantes de pequenas cantidades. Con eso MoveOn paga a
publicidade, desenvolve programas de campo de gran alcance, e apoia
diversas posicións progresistas. Fonte: Wikipedia




Eli Pariser http://www.moveon.org/
http://www.avaaz.org/en/index.php


Queridos amigos,



Cando xa pensabamos que a guerra en Iraq non podía ir peor--- peorou.
Fai poucos dias, o Presidente Bush rexeitando a realidade, desprezou o veredicto do pobo
americano, e anunciou a sua nova política: escalada militar en Iraq.


O Congreso dos Estados
Unidos, recentemente elexido, ten a facultade de parar esta locura, pero é vital mostar a oposición unánime da Comunidade Internacional.


Con tal motivo MoveOn está axudando a lanzar Avaaz, unha nova
organización internacional para movilizar as voces globais
progresistas. Estamos comenzando por unha petición de emerxencia
mundial a o Congraso dos USA e un potente enuncio a toda páxina en "Roll Call"—o xornal de Washington DC lido por cada membro do Congreso e os seus empregados.



Click abaixo para ver e asinar a petición:



http://www.avaaz.org/en/iraq_campaign_jan_2007/


Despois de anos de ocupazón fallida, todos menos
George Bush
temos claro que os USA non poden resolver este conflicto civil pola
forza. Como teñen dito os altos asesores militares do propio Bush e os
comandantes de campo, mandar decenas de milleiros de soldados
americanos somentes vai avivar as chamas de esta guerra.


A opinión mundial é importante: O pobo americano entende que os USA
non poden vixiar o globo sós. Foi por iso que antes da invasión Bush
traballou duro para implicar a Tony Blair e uns poucos lideres mundiais
escollidos, para asi derrotar os membros reluctantes do Congreso.


Hoxe, Bush permanece completamente só—mas é o noso traballo facelo saber en Washington. O anuncio posto en Roll
Call
destaca a decisión de
Tony Blair de
retirar as tropas, en oposición directa a escalada proposta por Bush. E
a petición axudará a mostrar onde está a opinión pública global.



http://www.avaaz.org/en/iraq_campaign_jan_2007/


A administrazón Bush xa está a facer todo o que pode para inpulsar
esta escalada. O congreso ainda pode atopar o valor para resistir-se
—coa nosa axuda—pero non hai tempo que perder.
Engade o teu nome a petición. Espalla a noticia entre os teus amigos. A crisis de Iraq é un problema
global. Xuntos temos o poder, e a responsibilidade, de axudar a que esto cambie.



Sinceiramente,



–Eli Pariser

MoveOn.org Political Action

January 11, 2006





Nenhum comentário:

Postar um comentário