Total de visualizações de página

quarta-feira, 24 de janeiro de 2007

Xa se pode apoiar de xeito individual o PuntoGal



 O
web da Asociación PuntoGal acaba de abrir unha nova sección para
ofrecer a opción de apoiar individualmente a reivindicación do dominio
propio para a lingua e a cultura galegas. A partir de agora calquera
pode asinar na páxina para deixar constancia do seu apoio ao PuntoGal.



Despois de unha primeira etapa de
procura de apoios de máis institucións, colectivos e asociacións,
ábrese a opción de que cada quen asine, de maneira individual, para
deixar constancia do seu apoio ás reivindicacións da Asociación
PuntoGal.

Deixar a sinatura é moi sinxelo: premendo na ligazón 'Anotarse', que se atopa dento da sección de 'Apoios Individuais', aparece un formulario do que, unha vez cuberto, só se amosarán na páxina o nome e apelidos da persoa apoiante.





Nenhum comentário:

Postar um comentário