Total de visualizações de página

quarta-feira, 17 de janeiro de 2007

Os Mapuches da Argentina e do Chile defenden seu dereito ao seu territorio e a sua identidade






A noticia é antiga, o conteúdo non deixa de ser actual


Comunidade Pillán Mahuiza defende seu dereito ao territorio e a identidade





A os pu peñi ka pu lamguën

A todas as Compañeiras r Compañeiros

A os pu weichafe (Loitadores) de todas as loitas





En busca da sua urxente solidaridade:



Os detentores do poder, contaminando de morte a vida, avanzan
co seu desenvolvimentismo destructivo sobre o noso territorio, servense da impunidade dos gobernos de turno, que propician desaloxos e
despoxos de todo tipo para xerar as condicións e consumar o
saqueo
.



A Comunidad Pillán Mahuiza o mesmo que moitas outras comunidades
dos pobos orixinarios, nutrida do kimun, sabiduría do noso
pobo, defende seu dereito ao territorio e a identidade.



MAPUCHE, Xente da Tierra so en ela podemos recuperar a
identidade pérdida, é por elo que defenderemos ata as últimas
consecuencias noso dereito ao territorio.



Fai pouco o flamante gobernador, Mario Das Neves, advertiu que
impulsará todas as causas que presentou a fiscalía de estado na xusticia, entre elas a da nosa comunidade, na que estamos
imputados pola xusticia provincial como usurpadores, causa que
tramita na fiscalía de estado dende o año 2001, debido a denuncia
que fixera a policía da provincia de Chubut por haber arrincado das mans da policía 150 has. de terra que este organismo de
seguridade obtivera por desaloxar violentamente a 30 familias
mapuches en 1939, protexendo, como históricamente ten feito, a propiedade
privada dos que mais teñen.



Coincide este reimpulso da causa co anuncio que fixera o
presidente Kirchner sobre a construcción de cinco represas
hidroeléctricas que afectarán o río Corcovado, unha delas se fará a tan so tres kilómetros da nosa comunidade (Rio Hielo) o que implicará a necesidade do traslado de moitas familias que aquí
habitamos, hai sen embargo moita desinformación, se fala que en
realidade serían seis as represas pero non se sabe canta superficie
anegarán, canta masa boscosa quedará baixo a agua, debemos comentarlles
que a zona afectada conta con bosque nativo e é un dos lugares
paradisíacos da Patagonia, tampouco se sabe cantas familias se verán
afectadas, e non se ten informado do impacto ambiental e social que

traerá este megaemprendimento hidroeléctrico, so se fala dos seus
beneficios, e se desplega toda sorte de consignas propagandísticas
como por exemplo o futuro de Corcovado ten nome de muller La Elena,
nome que leva unha das represas, se di que a quen teña
titulos de propiedade expropiaránlle a terra ofrecéndolle un poco mais
do valor no que se tase, nosa pregunta é ¿a os que non temos
titulo de propiedade se nos vai desaloxar? E sí hai quen ten o
titulo e non están dacordo co traslado se lle vai impor a venta?,
se dice tamén que o país necesita enerxía e que nos debemos
actuar con compromiso polo desenvolvimento da Argentina, pero preguntamos
¿por qué siempre debemos ser nos os que paguemos os costos do
desenvolvimento?. MAIS....








2 comentários:

  1. eres un hombre, bello, eres un hombre sensible, este post me emociono......desde tan lejos, e interesado en estos temas

    hoy no fue un bello dia, a veces me pasan cosas a veces mil mundo se despierta espeso. Quizá es porque anoche fue a remojarse los pies a la playa y se acostó pasada la hora habitual. Quizá porque el calor desprendido por los sueños le ha despertado varias veces. Quizá porque se dio cuenta de que la perfección del horizonte desaparece con la perfección de la noche. Pero sólo quizá.
    A veces me canso de ser, aveces quisiera no estar..............pero solo a veces

    ResponderExcluir
  2. Pues fijate, alguien de Gondomar (pueblo con nombre de origen germánico si no me equivoco, la presencia de los suevos en el Val Miñor) me mandí un correo sobre esto Eso me dió la idea de hacer algo, ya que es un asunto poco conocido, que a mi me viene interesando desde que escuché a Violeta Parra cantando "Arauco tiene una pena..." hace ya tanto. Arauco, la única nación de los pueblos originarios que arrancó un tratado de paz a las potencias invasoras...

    ResponderExcluir