Total de visualizações de página

quarta-feira, 26 de outubro de 2005

CANDELORIA: a festa da luz e día do amor e SAN BRAIS, abogoso da gorxa.

Start:     Feb 2, '07 01:00a
End:     Feb 3, '07 12:00p
Location:     Galiza
CANDELORIA: a festa da luz e día do amor nos antigos costumes galegos
A Candeloria é unha festa relixiosa que se celebra o día 2 de febreiro. Consiste na bendición das candeas que despois serían utilizadas na celebración da Semana Santa (máis exactamente o xoves santo). Pero en Galicia ademais era considerada a data coma un preludio da chegada da primavera e con ela o renacer da natureza. Dicíase que era a época do casamento dos paxaros e para os mariñeiros tamén era o comezo da navegación despois da longa espera no período invernal no cal a maior parte das embarcacións non saían dos portos.
E o dia 3 de Febreiro celebrase San Brais, dia no que se come cocido, se bebe viño tinto e se canta moito, para que o santo protexa as nosas gorxas :-D

Nenhum comentário:

Postar um comentário