Total de visualizações de página

quarta-feira, 19 de outubro de 2005

Polución sonora: Perda de Ouvido e Tinnitus causadas por ruído



Pérdida de Ouvido causada por ruido       Here in English


Nestes tempos en que os gastos das empresas en seguridade e hixiene no traballo estánse reducindo en todas partes, e a musica ensurdecedora invade o noso ocio e os walkman as nosas orellas, convén ter ben presentes as posibles consecuencias do que se ven chamando contaminación sonora. O ruído pode producir perdida de ouvido e Tinnitus (sons subxectivos persistentes). As costumes de escoita saudabeis poden axudar a prevenir a perda de ouvido e o tinnitus. As persoas que non os padecen deben aprender a protexer o seu ouvido de sons fortes, ao igual que os pacientes: os efeitos de ruídos fortes poden piorar o tinnitus existente e degradar o ouvido.

A perda de Ouvido por ruído pode causar-se por unha só exposición a un son forte ou por exposición repetida aos sons durante un período longo. Contráriamente á opinión popular, non se pode endurecer os ouvidos escoitando regularmente ruídos fortes. En xeral recomenda-se evitar os ruídos fortes,  limitar o tempo de exposición do ouvido a ruídos fortes, e limitar a intensidade dos ruídos evitando permanecer perto da fonte que os orixina.



 


O que podemos considerar Son Forte? 


A intensidade de son mede-se en decibelios. Recomendan-se tapóns nos ouvidos para os sons a partir de 85 dB. Pero o que significa 85 dB? O mapa seguinte mostra sons comuns e o seu nível de son asociado.


20 dB tictac do relóxio


30 dB cuchicheo


40 dB zumbido de nevera


50 dB chúvia


60 dB máquina de coser


70 dB lavadora


80 dB acordador


85 dB tráfico 


100 dB secador de pelo, el metro


105 dB cortacesped, serra de cadea


110 dB neno berrando


120 dB Concerto de Rock, trevoada


130 dB taladro, avión


140 dB escopeta de caza, petardo


 


Para expor-se a sons por encima de 85 dB, recomenda-se usar tapóns, orelleiras, ou outras proteccións. Os tapóns de espuma son baratos, fácis de inserir, e eficaces. É dificil saber cantos dB emite unha fonte de son, e portanto se se necesita protección. Como norma xeral, se hai que berrar para facer-se ouvir polos demais, o son é demasiado forte. Ademais de inserir o tapón, hai duas opcións simples: reduzcir o ruído (apagando o cortacésped, baixando o estéreo) ou alonxarse da fonte que o produce. Ves alguén usando maquinaria? Cruza a rua.  demasiado ruído en un concerto? Alonxate do cenário ou sai fora e tómate un descanso.


 


 



Nível Permisíbel de Exposición Diária ao Ruído


A Administrazón americana de Seguranza Profisional e Saúde (OSHA) recomenda determinados tempos da exposición máximos para os diversos niveles de son. Moitos audiólogos pensan que 90 dB durante un dia laborábel de oito horas é excesivo e recomendan non pasar de 85 dB sen protección. As normas da Unión Europea recomendan non expor-se a mais de 85 dB por dia laborábel de oito horas.


Os lugares de traballo onde os níveis medios de son sexan 85 decibelios ou mais durante mais de oito horas deberán ter programas para protexer o ouvído dos obreiros. Típicamente, incluirán os disposetivos de protección asi como a educazón sobre as técnicas a utilizar. Para as persoas expostas a ruídos fortes en actividades recreativas, a protección é igual de importante, pero depende do indivíduo protexer o seu próprio ouvido e ser conscinte de canto tempo está exposto.
































Horas Por Dia


Nível de son


8


90 dB


6


92 dB


3


90 d7


2


100 dB


1.5


102 dB


1


105 dB


.5


110 dB


.25 ou menos


115 dB



Os sons de menos de 80 decibelios, mesmo tras unha exposición longa, é improbabel que causen perda de oído, ainda que a sensibilidade sonora de indivíduos pode variar. É imposíbel predicer como pode responder  cada un aos ruídos fortes. A exposición  unha vez só ou continuada a un ruído pode causar a perda de ouvído temporal. Se o ouvído recupera, este cambio temporal  típicamente desaparece 16 a 48 horas despois da exposición ao ruído forte.


 


A perda de oído tamén pode ser permanente se os sons danan ou destruen as delicadas células do ouvido interno chamadas cilios. Estas células, unha vez danadas, non poden reparar-se . Se investiga na sua rexenerazón pero os estudos non están o suficientemente avanzados para ser de utilidade.


 


Consellos para a conservazón do ouvido


 


1. Protexer-se dos sons excesivamente fortes. recomendan-se tapóns  en exposición a sons de 85 dB ou mais.


 


2. Se consciente do ruído no teu ambiente. Como norma xeral, se o ruído é demasiado forte para falar e ser ouvido, a un nível de conversazón normal, deben usar-se tapóns, alonxarse da fonte de ruído, ou mellor, baixar o volume. Ese nível de ruído probabelmente está a danar o ouvido.


 


3. Protexete durante os trailers das peliculas. O volume se duplica.


 


4. Leva tapóns aos conciertos... e usa-os ! Poderás ouvir igual, xa que só reducen 15-20 decibelios nos sons fortes. 


 


5. Usa tapóns ou orelleiras de protección ao usar un cortacésped, ferramentas , e outros aparellos ruidosos de casa.


 


6. Lee nas etiquetas os níveis do ruído dos aparellos, os xoguetes, e calquera producto que xere son.



Nenhum comentário:

Postar um comentário