
Considera que unha maneira de frear estas correntes de carácter autoritário –mascaradas de medidas de seguranza- é a análise concreta da realidade, recollendo e transmitindo información sobre a nova conxuntura que está a agromar, promovendo o debate público sobre as novas medidas autoritárias e actuando contra os abusos que se producen no noso contorno, na urxente necesidade de detención desta nova vaga autoritária. Proclama como obxectivos a intervención e comunicación social para espallar os verdadeiros fins das políticas institucionais e o traballo na defensa dos direitos fundamentais e as liberdades públicas, entendidas estas no sentido mais amplo, mediante a actuación en todos aqueles campos que outros grupos ou organizacións consideran non prioritários ou intranscendentes.
EsCULcA (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades), é unha asociación independente dos poderes públicos e, como tal, nen solicitará, nen aceitará nengun tipo de axuda ou subsídio procedente deses poderes, levando a cabo o seu financiamento só en base aos contributos das persoas que adiran ou colaboren na sua formación. Mais en EsCULcA"
Nenhum comentário:
Postar um comentário