Total de visualizações de página

segunda-feira, 3 de outubro de 2005

Katrina, agradecementos e donacións.















Enviado o Jueves, 08 de septiembre do 2005 ás 09:18:07
Volver




taurozen escribiu " Despois da noticia publicada no ValMi sobre o Katrina, escribínlle a autora Mariva Aviran contandolle que aquí tamén estaba a sua web, e decindolle que moita xente quería facer donacións pero tiñan medo a que o diñeiro caise nas mans de Bush e os seus sicarios (outra vez para nos o fantasma do Prestige). A continuación podedes ver a traducción da resposta de Mariva:


¡Moitas gracias por poñer a nosa información do Katrina en www.valminor.info Esto é asustador. Nosa páxina está enviándose aredor do mundo a unha velocidade de 10 accesos por segundo (última verificación anoite). Ata foi selecionada para o blog "En vivo" dun importante programa de radio:


http://www.therandirhodesshow.com/live/ (Baixo a sección Timelines, facer clic en " Very Brief Visual Timeline”.)  


Estamos recibindo cartas de cariño da esquerda, e correo de odio da dereita.  ; -) Sabía que esto tería un impacto.


Si vostede quere donar a causa, pode facerlo ca Cruz Vermella Americana en http://www.redcross.org/. A Cruz Vermella é unha organización non lucrativa que non ten nada que ver co goberno americano, e simplemente ten sido * asombrosa * nos seus esforzos de alivio por todo o país.


Si vostede se preocupa polos pobres animais deixados atrás, pode donar al ASPCA (http://www.aspca.org/site/PageServer?pagename=donate_home ) ou a Sociedade Humana (http://www.hsus.org/).


Poden ver outras boas organizacions na lista "Featured Deal" na parte de arriba da miña web comercial ( http://www.freeafterrebate.info/ ).


Calquera cousa que fagan, non den nada a "Operation Blessing"! é a " organización non lucrativa" de Pat Robertson - é decir, a igrexa trala que se oculta para pedir o asesinato do Presidente de Venezuela Hugo Chavez.


Eu vou a estar de voluntaria mañán pola tarde nunha igrexa da comunidade, axudando a prepara-los programas de axuda local  para evacuados enviados a San Francisco. (Están enviándose evacuados a todo o país.)  


Moitas gracias por preocuparse das persoas pobres do noso país. Eu estou profundamente emocionada pola sua bondade.

"

Nenhum comentário:

Postar um comentário