Total de visualizações de página

segunda-feira, 3 de outubro de 2005

NOVO CONCERTO DO GRUPO ANTARA NO MARRUCHO














 Concertos
Enviado o Viernes, 11 de febrero do 2005 ás 07:34:37
Volver




taurozen escribiu "Antara

Felipe (Chile) e Rodrigo (Brasil), dous dos integrantes do grupo brasileiro Antara, de viaxe por Europa, van dar un concerto no Marrucho, en Baiona, este sábado 12 de febreiro. (seguramente será as 12 da noite..) Eles van tocar uma gran diversidade de instrumentos e ritmos sudamericanos como se pode ver no fin desta noticia.


Antara (nome de un instrumento musical en quechua) é un grupo musical de Curitiba (Paraná, Brasil) formado por sete integrantes de variadas procedencias e diversas influencias culturais. Esa diversidade ten na proposta artística do grupo que ten como base a valorización da musica de América Latina e súa integración ca de outros pobos através da fusión de elementos folclóricos característicos.




O grupo ten un vasto campo de formas de expresión consecuencia natural da súa diversidade. O grupo ANTARA funciona como un organismo vivo, un laboratorio de ideas consecuentes cos desafíos sociais, políticos e culturais de América Latina dando a coñecer a profunda riqueza cultural que ven dos seus pobos, sendo esta uma estratexia fundamental para esclarecer e impulsar a integración deste continente fantástico e homoxéneo na súa diversidade.


O repertorio e amplo do punto de vista formal. Pezas do folclore chileno, ecuatoriano, portorriqueño e dos Andes centrais, musica instrumental brasileira e folclore brasileiro, forman un vasto campo
de traballo que ten por obxetivo divulgar as tradicións culturais de toda América latina , tanto hispana como portuguesa.


Entre os instrumentos, citaremos o Charango, o Quatro, a Kena, o Hualaicho e o Kenacho

Podes escoitar a súa música e ller máis información no
sitio do grupo.

Nenhum comentário:

Postar um comentário