Total de visualizações de página

sexta-feira, 4 de maio de 2007

A ondada depredatoria, o feísmo e a violencia catastral. 'GALIZA NON SE VENDE'



Manuel Rivas.                                         MANIFESTACIÓN O DOMINGO, DIA 6

Leo en El Progreso de Lugo unha magnífica crónica de alcance
mundial. Trata do urbanismo en Barreiros, na costa da Mariña, e
infórmase dos preparativos dunha mobilización de veciños, comandada
polo señor alcalde, contra as medidas de control urbanístico e
protección do litoral que está a tomar o Goberno que preside Touriño.
Mais o sorprendente e novidoso non é o anuncio dunha manifestación,
senón a razón esgrimida e que mesmo podería servir de lema: "Nós tamén queremos ser multimillonarios".

Hai cousas que se poden refutar doadamente. Por exemplo, este grupo de
veciños propietarios reclaman poder construír a ras de praia "como
sempre se fixo". Home, hai cousas que se fixeron sempre, pero que algunha vez haberá que deixar de facer. Sempre se afogaron os cans nun saco. Sempre se tirou o lixo ao río. Sempre se deron vareadas aos nenos na escola. Sempre se queimou o monte. Si, sempre se
fixeron barbaridades. Que as taras sexan típicas non as fai máis
razonábeis. Hai tradicións que mellor non existiran nunca. E a idea,
tan asentada, de que o costume fai lei, pois é moi perigosa. En Estados
Unidos, no sur, tiñan por costume aforcar a quen lle aprendera a un
escravo a ler. Ata que se acabou coa escravitude.

O que é máis difícil de rebater é a proclama esa de "Nós tamén queremos
ser multimillonarios". É un auténtico manifesto. É como o Manifesto
Comunista posto do revés. O Manifesto Multimillonario.
L'esprit des temps,
machiño!, que diría Beiras arrepiado. E cito a Xosé Manuel Beiras
porque é o mellor exemplo dun profesor de economía que pode selo de
ética. O único xeito efectivo que se me ocorre de refutar a proclama
multimillonaria do
lobby
de Barreiros é que vaia Beiras e que lles explique en francés a paradoxal pobreza multimillonaria.

Non perdan o resto do interesantísimo artigo de Manuel Rivas.









5 comentários:

  1. Que frase!!!
    bien por el SR. Manuel Rivas
    algo tiene implicito
    de carga positiva el nombre
    verdad MANU???

    ResponderExcluir
  2. Si lees el articulo completo, en el enlace, verás que hasta entra en el tema el cura rojo de vallecas

    ResponderExcluir
  3. galizia no se vende....................
    y los gallegos....dejaran algun resquicio para comprralos.....digo yo

    ResponderExcluir
  4. Eso depende, algunos los regalamos y hasta pagamos los portes si alguien se los quiere llevar :D

    ResponderExcluir
  5. buenooooooooooooo
    no era exactamente por esos que te preguntaba
    y bue....a esperar mejores brisas

    ResponderExcluir