A CiberIrmandade da Fala Somos un fato de xente que, preocupados polo devenir da nosa
lingua e cultura, pretendemos espallalas utilizando as redes
informáticas. Existimos dende 1996, o que nos converte nunha das organizacións galegas mais antigas na rede.En
2006 decidimos constituirnos como asociación rexistrada. Mais queremos
seguir sendo o de sempre: un conxunto de individuos organizados
loitando por un obxectivo común, a dignificación da nosa lingua.
Campaña Pequeno Comercio
Semella que algunhas asociacións empresariais non
son quén de aplicar sobre si mesmas os criterios de calidade na
atención ao cliente que tanto predican entre os seus asociados,
esquecéndose da importancia que para moitos cidadáns e potenciais
clientes ten o uso do idioma galego. Seguindo a máxima empresarial
“unha crítica é un regalo”, failhes un regalo enviando o prego e dicíndo que o galego si importa .
Nós últimos anos o comercio polo miúdo e demais
pequenas empresas de servizos que tradicionalmente se asentan en
barrios ou zonas centro das cidades e vilas do pais veñen agrupándose
en asociacións empresariais ou os chamados Centros Comerciais Abertos
por dous motivos fundamentais:
- Facer fronte a perda de clientes ocasionada pola
tendencia arraigada ao longo dos 80 e 90 de establecer grandes naves
comerciais nas aforas das cidades.- Para poder optar a
recursos que individualmente serían difíciles de acadar campañas
publicitarias, web´s, promocións, negociación có concello, etc....
Unhas das principais avantaxes competitivas das que
presume o comercio polo miúdo fronte as grandes areas comerciais, é a
atención ao cliente, o trato personalizado. Semella que algunhas
asociacións empresariais non son quén de aplicar sobre si mesmas os
criterios de calidade na atención ao cliente que tanto predican entre
os seus asociados, esquecéndose da importancia que para moitos cidadáns
e potenciais clientes ten o uso do idioma galego. Isto é o que lles
pasa, por exemplo, á Asociación Centro Vigo, Zona Obelisco de Corunha, Acigu da Guarda, CCA de Baiona, Empresarios de Sarria, Comerc. de El Calvario ou Asoc. Empresarios Chantada .
Envía un correo agora
Nenhum comentário:
Postar um comentário