Total de visualizações de página

terça-feira, 15 de maio de 2007

Dia das Letras Galegas: Lectura colectiva de María Mariño en Bos Aires


O colectivo de galegas da diáspora Herbas de Prata,
que xurdiu o ano pasado na Arxentina coa intención de conformar unha
verdadeira rede mundial de asociacións de mulleres galegas, conmemorará
en Bos Aires o Día das Letras Galegas cunha charla aberta do poeta
arxentino, fillo de galegos, Rodolfo Alonso
e un recital de poemas de María Mariño -autora lembrada nesta data- a
cargo do público presente e das integrantes do grupo. O acto vaise
realizar o día xoves 17 de maio na Federación de Sociedades Galegas da
República Arxentina (FSG) e engadirá ás homenaxes unha voz feminina
dende a diáspora.

Convocado polo colectivo de galegas e a
Federación, o acto contará cunha presentación titulada "Galiza, Muller"
que o poeta fillo de galegos Rodolfo Alonso dedicará ás mulleres de
Herbas de Prata. Así e todo, a novidade chegará logo. "Imos pechar a
xuntanza cunha lectura de poemas de María Mariño que será sorprendente:
cada un dos asistentes terá que ler unhas verbas para construír entre
todos o poema completo. Todos somos necesarios", explican as
organizadoras.

Mais en Vieiros





Um comentário: