A acción emprendida polo Comité Cidadán de Emerxencia coa colaboración
especial dun dos seus compoñentes, a Cofradía de Pescadores e
Mariscadores de Ferrol, impediu no dia de hoxe (as 8 da mañán) un acto
ilegal, ABORTANDO A ENTRADA DUN BUQUE GASERO CARGADO, DENTRO DA RÍA DE
FERROL, sen contar cos permisos de funcionamento.
Os promotores de Reganosa, seguirán intentando
de novo cometer esta ilegalidade, cando volva a subir a marea (pola
tarde pleamar as 8 tarde).
Desde o Comité Cidadán de Emergencia,
faise un chamamento a tódolos cidadáns de Ferrol e Comarca, a que
expresen o seu rechazo a mesma, concentrándonos a partir das 7 da tarde de hoxe no Muelle Curuxeiras de Ferrol en DEFENSA DAS NOSAS VIDAS E A NOSA RÍA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
artabra21@hotmail.com
Abortado o intento do buque GNL, de entrada na Ría de Ferrol [07.05.2007]
A RÍA DE FERROL EN PERIGO, ANTE A AMEAZA DUN BUQUE CARGADO CON GNL
De
novo hoxe pola mañá lanchas de mariscadores navegaron na boca da Ría
para impedir a entrada do buque gaseiro na Ría de Ferrol. Ecoloxistas,
membros do Comité de Emerxencia e da Plataforma Ártabra 21, están
mobilizados, mais o peso da responsabilidade na acción inmediata está
sendo dos mariscadores das cofradias da Ría, o que non van poder manter
por muito tempo, senon hai unha resposta cidadá inmediata ante a ameaza
de intrudicir na Ría o buque gaseiro e con el un grande risco para a
populación de Ferrol e demais concello da comarca.
Os Verdes,
demandan das autoridades que fagan público o "detallado informe de
riscos que a lei esixe para este tipo de plantas, así como o Planode
Emerxencias previsto para calquera incidente, non só na planta senón
tamén no buque dada a proximidade dos núcleos habitados".
O Comité de Emerxencia para a Ría de Ferrol o sabado entregáron por
rexistro ao Capitan Maritimo de Ferrol, ao presidente da Autoridade
Portuaria e ao Delegado do Goberno a fin de que prohiban a entrada do
gaseiro que Reganosa pretende descargar dentro da Ria de Ferrol, sen
ter autorizacion de funcionamento e sen resolver os condicionados de
distancias á población próxima e de saída de urxencia de buques
gaseiros. Tales condicionados son imposible de cumprimentar coa
ubicacion de Reganosa dentro de Ría de Ferrol.
O Comité de Emerxencia tamén presentou denuncia no xulgado de garda ante a iminente entrada do buque cargado con GNL.
O
Sindicato Comarcal de CC.OO. mostrou o apoio aos mariscadores e
manifestou estar contra o funcionamento da Planta Regasificadora.
A nosa Plataforma
Ártabra 21, ten convocada unha reunión da Xunta Coordenadora ampliada a
representantes das entidades que nelaparticipan, para tratar o asunto,
hose,luns, 7 de maio, ás 7 da tarde no Ateneo Ferrolán, mais
considerabamos que o Comité de Emerxencia debería convocar con urxencia
unha Asemblea Cidadá, nos locais da Asociación Veciñal de Ferrol-Vello
xa.
Compre
facer un chamamento á cidadanía para que mostre o seu rexeitamento dun
xeito contundente e esixa ás autoridades locais, autonómicas e centrais
que non autoricen a entrada do buque na Ría.
O Comité de Emerxencia da Ría de Ferrol, está alerta polo anuncio dunha
eminente entrada dun buque gaseiro cargado de GNL na Ría de Ferrol
Membros do Comité de Emerxencia están alerta
ante o anuncio da chegada dun buque gaseiro para REGANOSA. O presidente de Reganosa, Félix Alonso Encinas, nunha entrevista concedida á TVG,
manifestou que agardaban un buque gaseiro para esta semana, para
comezar a traballar na planta regasificadora. Medios de comunicación
puxeron data á chegada do primeiro buque, falando do día 10, mais
fontes desde dentro da propia empresa, da comandancia e práticos,
adiantaron a data para a primeira pleamar [às 05:49 hrs] deste domingo
6 de maio. Os mariscadores da Ría fixeron asembleas e decidiron facerse
á mar para impedir a entrada do gaseiro, voltaron estar alerta para a
marea alta da tarde [18:08 hrs], mais non apareceu o buque. Hoxe pola
mañá está prevista unha nova asemblea de mariscadores e do Comité de
Emerxencia, para continuar coa vixiancia da boca da Ría às 06:28 hrs
está prevista a primeira pleamar e a segunda às 18:49 hrs.
Unha
representación do Comité de Emerxencia presentou denuncia ante o
xulgado de garda, informando das pretensión de entrada na Ría do buque
gaseiro, para unha empresa que non ten licenza para funcionar, nen
existe un plano de emerxencias para a Ría en caso de accidente, e unha
serie mais de despropositos. O mesmo alcalde de Mugardos, dirixeuse
onte pola tarde a proteción civil, para que lle informaran do plano de
emerxencias e de como debería actuar en caso de accidente ou pola mera
presencia dun buque gaseiro atracado no peirao de punta Promontoiro no
concello de Mugardos. A improvisación e a lixereza coa que se está
actuando ante un feito tan grave só merece un nome: IRRESPONSABILIDADE
DE TODAS AS AUTORIDADES, tanto das administracións locais, como da
central e autonómica.
Xa
que as autoridades non poñen freo a tanta inseguridade, improvisación e
irresponsabilidade, teremos que ser a cidadanía a que demandemos e
actuemos en consecuencia.
_____________________
Desde PA21, seguiremos informando de todo o que vaia acontecendo.
http://artabra21.blogspot.com/
Nenhum comentário:
Postar um comentário