Total de visualizações de página

quarta-feira, 16 de maio de 2007

Netvibes en galego, no Dia das Letras Galegas, da Internet e das Teleconunicacións

¿Que é Netvibes?

* Netvibes é un lector de novas RSS/ATOM, e tamén moitas cousas mais. Como lector de novas RSS/ATOM, permitelle ter acceso aos titulares novos da prensa dixital, aos blogues e wikis do seu interés, e en xeral, as novedades en calquera páxina na rede que teña RSS/ATOM. DE seguir a tendencia actual, en pouco tempo non quedarán páxinas que non o teñan.

* Netvibes pode ser a sua páxina persoalizada, onde pode modificar todo: mover os módulos, inxerir novas canles RSS/ATOM, cambiar a apariencia de cada módulo, etc. As modificacións son salvadas en tempo real e cando volte ao Netvibes.com encontrará a sua páxina como a deixou. Se o que quere é poder acceder a sua páxina en calquera computadora, pode darse de alta (arriba, a dereita) co seu correo electronico e un contrasinal elexido por vostede. Rexistrese e poderá acceder a sua páxina gravada, dende calquera computadora. Casa, traballo, escola: A sua vida dixital séguelle a todas partes. Netvibes non inclúe ningún tipo de publicidade, logos nin control corporativo.

* Netvibes permítelle organizar a súa páxina de entrada exactamente como vostede queira. Pode ter toda a sua vida dixital nunha mesma páxina. Blogs, novas, favoritos (bookmarks), videos en liña, podcast, fotos, correo-e: Escolla os seus servicios favoritos. Pode incluír as súas contas preferidas de MySpace, Digg, YouTube, Gmail, Flickr, eBay, blogmarks, del.icio.us - e pode renomealas no seu Netvibes persoal (non, realmente, vostede pode renombrar o sitio enteiro) - todo iso na súa propia páxina.

* Pode organizar os seus módulos, movelos, arrástralos co ratón onde vostede desexe de un xeito moi doado. Persoalice a sua páxina como queira. Cores, titulo, contido, icona, en cada módulo según as suas necesidades. Prema no botón Edición ou no botón opcións para ter acceso a características do arranxo para requisitos particulares.

* Un dos módulos mais interesantes, que tamén ten versión galega é o Meebo, do que xa se falou no seu dia na Rede (por exemplo, no Vieiros vello). Pois dase a casualidade que estes dias o Meebo comenza a ofrecer unha caracteristica nova: Salas de conversa persoais (ou tamén temáticas) para os usuarios, privadas ou públicas, as que podes invitar a quen queiras. Xa que estamos aqui, aproveito a viaxe para informar.

* Manteña organizada a sua páxina. Pode agrupar os seus módulos en lingüetas. Prema en Lingüeta nova, de-lle un nome, e pode arrastrar módulos do panel lateral ou de unha lingüeta a outra. Non mais desorden na sua páxina, limpeza . Xa non lle interesa un módulo? Liberese del premendo no botón de pechar.

* Netvibes axúdalle a xestionar a súa vida dixital e compartila cos seus amigos. ¿Vostede desexou sempre ter a man todos os seus sitios Web preferidos, nun só sitio e compartilos cos seus amigos? Iso tamén está feito. Comparta as suas cousas con amigos, colegas ou con calqueira. Agora con Netvibes pode compartir os seus módulos favoritos cos seus amigos. Mandeos por correo-e, Mensaxería Instantánea, ou poñao no seu blogue, para que os poidan engadir nas suas propias páxinas.

NOTA IMPORTANTE: Por un "bug" de última hora, ainda non se pode entrar na páxina galega completa usando o enderezo www.netvibes.com. Alternativamente, e mentras non se resolve o problema, podese entrar por: http://nv1.netvibes.com/?locale=ga e unha vez na páxina cambiar arriba en "Configuracións" o "Contido local" e a "Lingua" para a versión galega.

Esta nova, en Vieiros, na CiberIrmandade, en Chuza! ou en Código Cero.


3 comentários:

  1. Coniosce quem tiene clave de inscricion de norton sec 2007?

    ResponderExcluir
  2. Nao conheço, mas para que usar antivirus privativos se pode baixar um gratis? eu sei de dois muito boms gratis, que se podem configurar para actualizaçao diaria sa lista de virus, é sao os seguintes:

    http://www.free-av.com/

    http://www.clamwin.com/

    Tomara que esto possa ajudar...
    Beijo

    ResponderExcluir
  3. obrigada tenterei, pero tengo tb lo cd del norton em mi pc pero la clave non entrou

    ResponderExcluir