Este vídeo demostra os poderosos conservantes, aditivos e demais
sustancias que utiliza a cadea de comida rápida McDonald´s nos
produtos que ofrecen aos consumidores, pero especialmente destacamos
a resistencia do Big Mac e das tradicionais patacas fritas.
No experimento en cuestión introdúcense en varios tarros de cristal
algunhas das hamburguesas que podemos adquirir en McDonald´s, a
chamada Cuarto de libra, o Big Mac, Chiken McGrill, etc. Tamén se
introducen dous tipos de patacas fritas, as clásicas que adoitan
ofrecer e outras de tamaño extra moi grosas. Non perdades detalle
sobre o proceso que se desenvolve no vídeo, no que nos mostran o estado
destes alimentos ao cabo dunha, dous, tres e ata 10 semanas logo de
habelos introducido no tarro.
O premio á conservación lévano as patacas fritas, que logo de pasar
10 semanas, teñen unha aparencia que se podería dicir "comestible",
aínda que dubidamos moito que sexa así.
En canto ás hamburguesas, a máis resistente foi a abandeirada
da cadea, xa que foi a última en mostrar os signos de descomposición pertinentes. Sen dúbida, este vídeo fai que se pense duas veces antes de acudir a comer
a McDonald´s.
Fonte: Directo al paladar
E para terminar, a publicidade masi antiga do
la verdad
ResponderExcluireste post deben leerlo mis hijos
a mi me carga las fritangas
los traere y los obligare a leerlos 100 veces
gracias
pero calro...........esta la cajita feliz!!!!!!!!!!!!!
ResponderExcluir